A Ponte de Liñares

  Unha foto doutra fermosa ponte derruída por mor da canalización do río Limia para desaugar a lagoa de Antela en Ponte de Liñares. Ponte romana de traza medieval, alombada, que evidentemente substitúe no mesmo lugar a outra desaparecida, pertencente á antiga vía romana.  «A Vía Nova cruzaba o Limia e seguía polo norte o…

A fundación do convento do Bon Xesús de Trandeiras

  No ano 1523 fúndase o convento do Bon Xesús de Trandeiras, que dirixen os franciscanos chamados por Alonso de Piña115. Segundo un curioso documento estudado por Couceiro Freixomil, relativo ás orixes, fundación e primeiros tempos do convento do Bon Xesús de Trandeiras –un escrito anónimo dunha copia orixinal que se daba por existente na…

A escultura «A Dama da Lagoa» de Xosé Lois Carreira.

O escultor limiao está a traballar arreo para rematar a súa escultura denominada «A dama da Lagoa». O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, a pleno sol, no alto do andamio de máis de oito metros, batendo na pedra co mazo, cicel e cuberto de po e suor. …

Os sete malogrados intentos de desecamento da Lagoa de Antela no século XIX.

O día 8 de setembro de 1958 fará 60 anos que comezaron as obras do desecamento da Lagoa en Ponte Liñares. Antes de que isto sucedera, no século XIX, houbo sete intentos que non tiveron bo fin. Os labregos da Limia nunca viron as obras con bos ollos e opuxéronse a elas, incluso violentamente. O…

O menhir da Pedra Alta da Antela

Por definición, enténdese que un menhir é un monumento megalítico formado por unha pedra fincada contra o chan. Á cultura megalítica pertence o menhir achado na lagoa de Antela coñecido como Pedra Alta, hoxe situado fóra da súa localización orixinal, un dos máis altos do noroeste peninsular. Está formado por unha pedra de grandes dimensións…

A antiga Ponte de Pedra.

A foto destacada que acompaña o artigo é dunha colección de cromos que regalaban  nas tabletas dunha marca de chocolate nos anos 20/30 do século pasado e chamada antigamente Ponte de Pedra, na denominada, naqueles tempos, estrada de Xinzo a Lucenza. Ponte  que foi arrasada  polos temporais de decembro do ano 1909. Na actualidade  é…

Historia da construción da igrexa nova de Xinzo de Limia (1908-1965).  

  Nos primeiros anos do século XX, existía na vila de Xinzo unha soa igrexa, que polas súas dimensións e disposición non daba cuberto as necesidades relixiosas da vila, cuxa poboación incrementárase considerablemente naqueles últimos anos. Considerándoo así o prelado,  ordenaron de iniciar a construción dun novo templo. Parece ser que o primeiro proxecto da…

A xenreira dos limiaos coas árbores parece que vén de lonxe

  No ano 1755 o Rei, por Real Orden, manda que se planten árbores nos comunais de toda a xurisdición que ocupaban terreos de pasto, algo que ía en detrimento dos criadores de gando. A xenreira dos limiaos coas árbores parece que vén de lonxe. Os vigairos e veciños de toda a xurisdición reunidos en…

As cheas do río Limia ao seu paso por Xinzo.

As «cheas», así chamadas en Xinzo as inundacións e desbordes do río Limia a seu paso pola vila de Xinzo, producíanse varias veces ao ano nos longos e crús invernos de tempos pasados. Afectaba principalmente ao mato de Baronzás, os Cobos, Barreiros, Seara, a hoxe rúa Rosalía de Castro, rúa Rúa Lepanto, Ladeira, o Toural,a Praza de…

Crónica festivo deportiva do Piñeira F.C. por Luís Otero

DO FULANO DAS SANDALIAS AO SEU AMIGO MANOLITO SANTANA (E.P.D.) QUE COCIÑOU AS CAMISETAS DO PIÑEIRA C.F. polo escritor e periodista limiao Luis Otero. Pois si, eu fun futbolista, dianteiro centro do Piñeira C.F., de Piñeira de Arcos, co que cosechei lauros sin conto e, hai que dicilo todo, unha sonada humillación que aínda hoxe…