A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira.

O escultor limiao Xoxé Lois Carreira está a traballar arreo para rematar a monumental escultura  da doutora limiá Olimpia Valencia, escultura da que publico varias fotos. O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, coma sempre a pleno sol, no alto do andamio, batendo concienzudamente na pedra co mazo e cicel, cuberto de po e suor.

É moi sacrificado o traballo sobre a pedra do noso artista.

Xosé Lois Carreira perfila un dos proxectos máis complexos que acometeu nos últimos tempos. O escultor xa ten avanzado o traballo da monumental estrutura en granito que se colocará diante do hospital Alvaro Cunqueiro da cidade de Vigo. A monumental escultura posiblemente este rematada a finais do mes de setembro.

Para saber máis da traxectoria do artista e escultor limiao Lois Carreira podes ler o seu currículo no meu blog:

Olimpia Valencia López, nace o 14 de decembro de 1898, en Baltar, foi unha muller aavanzada para o seu tempo ao converterse na primeira licenciada en medicina de Galicia. Filla única, viviu en Vigo desde os doce anos, os seus pais gozaban dunha posición acomodada.

Con 21 anos, en 1919, ingresa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, en 1925, convértese na primeira muller galega cunha licenciatura en Medicina. Por presións sociais trasládase a Madrid para doutorarse en xinecoloxía.

Ao finalizar os seus estudos regresa a Vigo en 1928, pasando consulta na súa clínica  de cálea Príncipe, nela exercerá medicina xeral e xinecoloxía, a súa especialidade.

Nos anos 40, ingresa na Seguridade Social e segue traballando, mesmo tras a súa xubilación, ata os 82 anos. Seis anos despois, en 1987, falecía en Vigo.

En xullo do ano 2017, a título póstumo, foi nomeada filla predilecta do concello de Baltar.

Para saber más sobre a doutora Olimpia Valencia:

https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2015/04/olimpia-valencia-y-xohan-carballeira.html

Un comentario en “A escultura da doutora limiá «Olimpia Valencia» de Xosé Lois Carreira.

  1. Pingback: Olimpia Valencia, la primera médica de Galicia – Vía Lethes

Deja un comentario