A Ponte de Liñares

 

A Ponte de Liñares no río Limia coa canle principal acabada.

Unha foto doutra fermosa ponte derruída por mor da canalización do río Limia para desaugar a lagoa de Antela en Ponte de Liñares. Ponte romana de traza medieval, alombada, que evidentemente substitúe no mesmo lugar a outra desaparecida, pertencente á antiga vía romana.  «A Vía Nova cruzaba o Limia e seguía polo norte o rio é a lago de Antela cara Astorga.  Outro camiño saía da Vía Nova á altura de Ponte Liñares cara ao Forum Limicorum, chamado Vía Límica e, remontando o río Limia, dirixíanse ao Forum Limicorum (Xinzo) pola Forxa, Sabucedo, Ganade e As Lamas, e desde Xinzo, polo leste da lagoa, atravesando Morgade, Pena, Folgoso e Cortegada, cara a Vilar de Barrio. Neste trazado atopouse, entre Morgade e Pena, un miliario honorífico dedicado a Valerio Máximiano».[1]

Un lugar de paso estratéxico e cruce de camiños que deu lugar a unha das maiores feiras da comarca, e inda que pertencía a Bande, era dependente da xurisdición de Xinzo de Limia. A feira da Ponte celebrábase o 22 de cada mes no lugar da Ponte Liñares (tamén chamada A Feira Nova), na parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande.

Vista parcial da ponte. Foto publicada por Camilo Gp no facebook.

No ano 1755 a feira de Ponte Liñares, anexa á de Xinzo, rendía 4.630 reais e a feira de Xinzo 12.020 reais, «correspondientes a Su Majestad y que como tales se aplican a los efectos y tributos reales con que contribuye esta Jurisdicción[2]». No ano 1767 a feira de Ponte Liñares terminouse en 6.300 reais e a de Xinzo en 11.200: «Con la precisión de arreglarse la costumbre en la cobranza y no exceder en cuanto a los naturales de esta Jurisdicción, de lo que suelen pagar por las ventas de ganado, que se reduce a dos reales por cada buey, real y medio por vaca, y un real por becerro o novilla de las que concurren a vender a dicha feria».[3]

Chea do río desbordado. Foto publicada por Camilo Gp

Para que presente onde sexa oportuno as reclamacións e demandas pertinentes, asinan un poder notarial o alcalde constitucional de Xinzo, Bernardo Martínez Moure[4], seis rexedores e o procurador síndico, facendo constar que: «Contratadas por esta parroquia con la hacienda nacional, hace ya muchos años, las alcabalas que se devengan en la feria mensual del Puente Linares, que se celebra en los días veintidós, está este ayuntamiento en la antiquísima posición y costumbre de administrar las citadas alcabalas del modo y forma que tiene creído por más conveniente, así como en la obligación de satisfacer, como tiene satisfecho a la referida hacienda nacional, el importe del encabezado con el de la décima que se aumentó sobre el mismo hace algunos años sin que el ayuntamiento de Bande, ni otra corporación, pueblo ni persona le haya interrumpido en esta posición inmemorial, ni pretendido hacerlo bajo pretexto alguno».

Vista aérea das dúas pontes en Liñares. Foto publicada por Camilo Gp.

A pesar destos dereitos, na feira do mes de abril de 1839, cando estaba o representante do concello de Xinzo, Manuel Rodríguez, recadando as alcabalas dos comerciantes e vendedores, ocorreu a estraña e estrepitosa novidade de que un tal Luís Seijo que di ser alcalde do concello de Bande, acompañado de alguacil e doutros catro individuos, presentouse con forza armada interrompendo do seu poder absoluto a Manuel Rodríguez e por conseguinte á corporación de Xinzo, a quen representaba na cobranza das alcabalas, apropiándose á forza do recadado e dándolle recibo por seiscentos cinco reais, obrigándoo a ilos buscar a Bande. A feira, segundo o concello de Xinzo: «los más de los años anteriores debía producir lo menos mil reales que debe reintegrar el Seijo como culpable, bien por ocultación o bien por mala administración que ocasionó. Y a fin de que acerca de todo lo pendiente y además para sostener el nuevo impuesto que en la referida feria acordó esta corporación, con objeto de satisfacer la cota que sobre consumos se le cargó por contribución extraordinaria de guerra […] otorga todo su poder cumplido y amplio, general y especial según sea preciso a Dn. Francisco Cadórniga, escribano también de número en esta villa […]».[5]

Vista parcial. Foto publicada por Camilo Gp.

O concello de Bande quérese apoderar das alcabalas e posteriormente, no ano 1842, a pedido do intendente provincial, o concello de Xinzo en pleno nomea un representante para defender os seus dereitos nunha reunión a tres bandas que ten lugar o día 22 de xullo en Ourense[6]. Non atopei nas miñas investigacións documentos relacionados con resultado das reunións. Posiblemente perdéronse nestas datas os dereitos sobre a dita feira.

(Do meu libro Historia de Xinzo de Limia).

Peto de ánimas cerca da ponte. Foto publicada por Camilo Gp.

A ponte era un lugar estratéxico que deu lugar ao paso das lexións romanas pola Via Nova,  por ela pasaron tamén as tropas francesas de retirada de Portugal, camiño de Ourense polos días 18 e 19 de maio de 1809. Desde Montalegre os franceses, sabendo que os ingleses o día 18 ían camiño de Chaves a Monterrei para coller o camiño real, cruzan o río Limia por Ponte Liñares  atravesando Porqueira, as veigas de Rairiz, os montes de San Cibrao (Rairiz) e Penamá para chegaren a Allariz; e despois continúan cara a Ourense, que estaba en poder das súas tropas.

«Coa noticia da aproximación de Soult que viña perseguido por ingleses e portugueses, ponse en alerta a milicia da Xunta de Lobeira: escribe na súa crónica o Tenente Coronel García de Barrio: “Expedí oportunos y avisos y órdenes para la reunión de gente, a fin de disputar al enemigo su paso e incomodarle en su tránsito: puse en seguridad la Junta y con sus acopios, y me dirigí con el tercer batallón de Lobera, compuesto de 600 a 700 hombres, entre ellos sólo 94 con armas de fuego, el Comandante de literarios compostelanos, de cuya brillante juventud sólo habían quedado 60, y con el Vocal de la Junta Fr. Francisco Carrascón, hacia el puente de Linares, por cuyo sitio venia Soult con 9.000 infantes y 2.000 caballos, trayendo un camino difícil, aun para contrabandistas, cargado por un ejército de doble número que le hubiera arrollado en cualquier punto. Me tiroteé con su retaguardia el 17 de mayo sobre el puente de Linares, que, habiéndolo pasado el enemigo, hizo alto en una colina sobre el Limia, y me detuve en su observación y vista, en cuyo sitio se me anunció el oficial Almeida con 6.000 hombres de su nación».(Do meu artigo As tropas de Napoleon na Limia, revista Lethes nº 7).

Cantigueiro Popular do Val do Limia:

  • Indo prá feira da Ponte/ atopei un carballiño,/ atopei demos te leven/ metidos nun buratiño.
  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte.
  • Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media.
  • (Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa Páx. 90,124,160).

[1]. Rodríguez Colmenero, A., 1977, p. 66.

[2] AHPOu. Protocolos notariais. Caixa 1669, folios 10-24.

[3] Ibidem, folios 3, 8 e 27.

[4] Un dos maiores propietarios da Limia.

[5] AHPOu., Protocolos notariais.Caixa 1526, folio 39.

[6]. AHPOu. Protocolos notariais. Caixa 1527, folio 120.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s