A antiga Ponte de Pedra.

A foto destacada que acompaña o artigo é dunha colección de cromos que regalaban  nas tabletas dunha marca de chocolate nos anos 20/30 do século pasado e chamada antigamente Ponte de Pedra, na denominada, naqueles tempos, estrada de Xinzo a Lucenza. Ponte  que foi arrasada  polos temporais de decembro do ano 1909. Na actualidade  é máis coñecida como a  ponte de Damil ou da estrada de Baltar.

primeira publicación da noticia data do xoves 30 de decembro de 1909. Saíu n xornal La Correspondencia de España, e ademais saíu tamén no periódico El Liberal, de Madrid, o día 31 de decembro de 1909. Neste artigo, infórmase que “Las aguas del río Limia, no sólo arrasaron los campos y se llevaron las cosechas, causando pérdidas incalculables, sino que destruyeron por completo todos los puentes del camino vecinal de Ginzo a Lucenza, dejando a este municipio incomunicado con la extensa zona fronteriza de Portugal”.

As obras da instalación do tendido eléctrico, para a chegada da electricidade a Xinzo, desde a central de Allariz sufriron diversos atrancos por causa das importantes avarías que os temporais dese ano ocasionaron nas obras xa executadas, retrasando a chegada da electricidade a Xinzo ata o mes de outubro do ano 1911.

Posteriormente, en febreiro de 1912, o deputado Sr. Barber conseguiu a cantidade de 110.000 pesetas para reconstruír a ponte –máis coñecida na actualidade como a ponte da estrada de Baltar–, que caera durante a chea. Na reconstrución perdería a súa primitiva forma de cuña.

 A ponte actual, que vemos na foto dos anos 50, ten varios arcos da ponte vella, ao principio e ao final (hoxe entrerrados pola ampliación da rúa Rosalía de Castro e o parque da outra beira do río), que sobreviviron a riada e só se reconstruíu a parte central da ponte que fora a que se derrumbara.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s