A escultura «A Dama da Lagoa» de Xosé Lois Carreira.

Carreira co boceto da escultura nunha foto de Miguel Villar publicada en La Voz de Galicia en 2016.

O escultor limiao está a traballar arreo para rematar a súa escultura denominada «A dama da Lagoa». O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, a pleno sol, no alto do andamio de máis de oito metros, batendo na pedra co mazo, cicel e cuberto de po e suor.  É sacrificado o traballo do noso artista.

Xosé Lois Carreira perfila un dos proxectos máis persoais e complexos que acometeu nos últimos anos. O escultor xa ten avanzado o traballo da monumental estrutura en granito que presidirá a rotonda de entrada ao parque empresarial de Xinzo. Trátase dunha peza de case sete metros de altura e 150.000 quilos de peso.

Carreira traballando na escultura fai uns días.

Manifesta Lois que «É complicado tallar unha peza de 50 toneladas. Fágoo ao modo tradicional: con cincel, lima, pico e punteiro; é algo laborioso e hai que empregar no proxecto meses de traballo. Normalmente non fago maquetas, guíome por fotografías e bosquexos»[1].

A talla refírese ao mito da feminidade antelana. Comenta o escultor que «Trátase dun tributo a Limuhe, vinculada á gran tradición feminina dá comarca». A tamén coñecida como Dama da Lagoa pretende recoñecer o papel decisivo xogado pola muller desde a prehistoria, pasando polo mito da Cidade de Antioquía ata o rol esencial das mulleres do rural»[2].

O escultor limiao, nace o ano 1971 na cidade de Eibar pero é un limiao de corazón e afectos, de pais oriúndos de Parada de Ribeira, emigrantes naquel entón no País Vasco. Reside na actualidade en Xinzo de Limia. É licenciado pola Universidade de Belas Artes de Bilbao e pola Ecole Nationale Superieure de Beaux- Arts de París. Artista plástico multidisciplinar. Foi concelleiro no seu concello, un tempo breve.

O artista traballando na escultura, en marzo do ano 2018, foto de Santi Amil publicada en La Voz de Galicia.

Carreira, que hai dous anos culminou outra escultura encargada polo Concello en homenaxe ao falecido colaborador do Antela, Toñito Mestre, retoca a nova obra, que podería estar concluida no menor plazo posible.

A súa obra máis destacada é un coloso granítico de 8 metros de altura e 100 Tn de peso chamado «Nexus-VI» situado na glorieta da ponte do Milenio en Ourense capital.

O concello de Xinzo de Limia encargara a Carreira un monumento dedicado á Pantalla, instalado no Parque do Pombal, que sería inaugurado no verán de 1998 coincidindo coas festas patronais da vila. O escultor elixíu o mármore portugués para levar acabo unha obra de volumes rotundos e moi expresiva que soborda alegría carnal e picaresca.

No ano 2003 Carreira volverá retomar a temática do entroido cando o concello de Verín encoméndalle a execución dun monumento dedicado ao Cigarrón, ese personaxe de orixe enigmática e o máis simbólico do entroido da comarca de Monterrei, que ten o seu epicentro en Verín.

En xullo de 2008, executa a obra «O umbral d´Ausencia», cunha dimensións de 97 x 162 cm. Con técnica ao óleo sobre lenzo. Pintura que figura na portada do meu libro «Historia e memoria. A Limia: 1931-1953». Espléndida obra, obsequio do amigo Lois, da que me sentín moi honrado e que preside o salón do meu domicilio.

UMBRAL D’AUSENCIA

O seu cadro «América», foi premiado na Bienal do Eixo Atlántico o ano 2017. Segundo ou autor, está  baseada  nun relato  homónimo de Iñaki  Aranzabal e  pertenceu  ao  proxecto expositivo «Vidas Entrecruzadas» que se  puido contemplar no seu día na sala de exposicións do Museo Municipal de Ourense. No que non faltou a música con temas musicais compostos por Stefano Mocini. Na mostra  mesturabanse os textos de  Aranzabal,  coas obras de Carreira, unhas en pintura, como esta, outras de escultura. Os textos de Aranzabal e as fotos de pinturas e esculturas compoñen o libro de «Vidas Entrecruzadas», editado no ano 2012. Esta mostra  tamén se expuxo na sala de exposicións da Casa de Cultura Portalea de Eibar, lugar de nacemento dos autores.

América

.

[1] Declaracións do artista á prensa en La Voz de Galicia, 08/06/2016.

[2] Ibidem. 10/03/2018.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s