Lembranzas de Manolo Viso.

  A miña amizade con Manolo e a súa familia ven de lonxe. Alá polos anos 1963/1964, coa Gran Taberna recen inaugurada, a familia Viso, residentes en Bilbao, viñan pasar as vacacións a súa aldea de Baronzás. Todos os días visitaban o noso bar para degustar as apetitosas tapas que facía a miña nai. Contarei…

JOSÉ SANTIAGO TABOADA

  Nado en Xinzo ás seis da mañá do día 6 de setembro do ano 1884, seus pais eran Matías Santiago Román, natural de Villar de Ciervos (Zamora) e Rosa Taboada Gómez, comerciantes e domiciliados na rúa San Roque. Foi un inquieto editor e escritor, pois a comezos de século fundou na vila de Xinzo…

A escultura «A Dama da Lagoa» de Xosé Lois Carreira.

O escultor limiao está a traballar arreo para rematar a súa escultura denominada «A dama da Lagoa». O outro día visiteino no seu taller estudo en Parada de Ribeira e atopeino, a pleno sol, no alto do andamio de máis de oito metros, batendo na pedra co mazo, cicel e cuberto de po e suor. …

Benxamín Rodríguez Novoa. “El camarada del puerto”.

  Natural de San Lourenzo de Porqueira e casado coa miña curmá Fina Cerredelo. Unha excelente persoa e apaixonado militante das esquerdas. Na súa época de traballador do porto de Barcelona, foi un destacado membro do PCE(i) na difícil e perigosa época da ditadura franquista. Nun traballo de final de carreira, presentado na Universidade Autónoma…

O xastre Antonio Sousa “O Fona”

O Fona era un popular xastre de Xinzo que tiña a xastrería  nunha casa da estrada xeral, nunha época na que en Xinzo había polo menos unha ducia de xastres. Nesta casa vivía outro personaxe casariano un mozo moi traste  chamado Pepito Casas, o xefe da maior e temida pandilla de rapaces de Xinzo, mencionado…

Carlos Casares no Entroido de Xinzo.

  Non teño un recordo de Carlos Casares como mozo entroideiro, pero si coñezo, por dúas fotografías, que algunha vez caeu na tentación de participar con disfrace no Entroido de Xinzo. Nunha delas do ano 1959, Carlos recorre as rúas co disfrace de limpabotas, e seu amigo Manolo Dobaño cun cepillo actuaba de limparroupas, nesa…

Carlos Casares en Xinzo. Actividade cultural. Fotos e textos.

    Carlos nace o 24 de agosto de 1941 na cidade de Ourense, os seus país trasládanse a Limia cando conta soamente tres anos de idade. Na Limia, entre Piñeira de Arcos, Lamas, Sabucedo e Xinzo transcorre a súa infancia ata que en 1952, con 11 anos, ingresa no Seminario de Ourense. Regresa a…

O Gran Café Ideal de Xinzo de Limia.

  O Café Ideal, a pista, a discoteca Ideal 6, a cafetería Ideal 6 e o Pub. Os irmáns Emiliano e Xilberto Martínez Ruído, nos anos 30, habían regresado da emigración en México e construíron un moderno edificio na estrada xeral, para o que houbo que derruír un edificio de planta baixa onde estaba situado…