Modesto Montero, o construtor promotor que fixo crecer Xinzo ao ancho.

  Modesto Montero, o construtor promotor que fixo crecer Xinzo ao ancho, propiciando a expansión urbana da vila. Publico esta pequena biografía para que os veciños da vila e concello de Xinzo coñezan a obra do construtor promotor, Modesto Montero Colmenero, que naceu hai 87 anos na pequena aldea de Santa Baia de Chamosiños do…

As capelas anexas da parroquia de Santa Mariña de Xinzo.

Pola visita do bispo de Ourense e os informes que deixou escrito nos libros parroquiais, sabemos que nos termos desta parroquia, en 1831, existían tres capelas ou ermidas, todas coa decencia precisa para que se puidesen celebrar nelas a misa, inda que nalgunhas había necesidade de reparacións ou enfeites. Unha das capelas recibiu a advocación…

As feiras de Xinzo a través do tempo.

Pódese dicir que a feira do día 14 en Xinzo, que se organiza desde tempos inmemoriais, deulle forma e vida á vila. Era xa importante no ano 1131, cando o rei Afonso VII lles concedeu aos habitantes de Ourense a exención do portádego e do telonio cando fosen vender á Limia as súas mercadorías[1]. No…

O Cine Antelano.

  No ano 1948 tivo lugar na nosa vila a apertura dun moderno e primeiro cinema da vila, chamado Los Molinos[1], coa proxección da película Salvaje Blanca, protagonizada por María Montez. Anos despois, coa chegada das películas en cor, tivo lugar un extraordinario acontecemento social: en pleno centro da vila, na rúa principal, no mes…

OUTONO DE 1918: A EPIDEMIA DE GRIPE NOS CONCELLOS DE XINZO DE LIMIA E MOREIRAS.

O soldado estadounidense Mitchell, cociñeiro no Campamento  Funston, en  Kansas, ingresa na enfermería o 4 de marzo de 1918 con febre e unha forte dor de cabeza. Unha semana despois os enfermos eran incontables. Desde este campamento, onde enfermou o cociñeiro, chegaban soldados xa infectados á fronte francés da Primeira Guerra Mundial. Así foi como…

Cen anos de historia do Antela F.C. (1919-2019).

 Os comezos do fútbol en Xinzo de Limia (1919-1920). Aínda que de seguro se xogaba xa ao fútbol anteriormente, sen organización algunha, a historia oficial deste deporte en Xinzo de Limia nace dunha conversa de taberna entre amigos nos primeiros días do mes de xuño de 1919: o día 1º fanse os estatutos da fundación…

O río Limia: o río do esquecemento.

  Escribía Carlos Casares en castelán que: “Limia en principio es un hidrónimo, esto es: un nombre de río. Después paso a ser un topónimo (=nombre de lugar) y un andrónimo (=nombre de persona, apellido) […] Limia sabemos que pertenece a una familia de hidrónimos bien representada en Europa y que procede de una raíz…