Manifestacións do 1º de maio de 1936 en Xinzo de Limia

  Preocupado polas manifestacións previstas para o 1º de maio, o Gobernador Civil xa remitira telegrama o día 28 de abril aos concellos: “(..) debiendo exigir organizaciones solicitud reintegrada, pidiendo autorización y señalando esa Alcaldía itinerario, debiendo hacerle presente a dirigentes no se permite concentraciones otros Ayuntamientos, haciéndoles responsables de cualquier trasgresión, a cuyo efecto…

Mulleres represaliadas da Limia. Delfina Lamas Clemente das Pegas (Sandías).

  O día 15 de outubro de 1937 e na zona, do monte do Furriolo da Lampaza  no concello de Rairiz de Veiga é atopada unha muller duns corenta e cinco anos de idade, asasinada durante a noite do 13 ao 14 e falecida a consecuencia do popularmente coñecido “tiro de Calvo Sotelo” (tiro na…

Golpes da guerrilla antifranquista en Vilar de Santos e as Pegas (Sandiás)

    Golpes da guerrilla en Vilar de Santos e as Pegas (Sandiás) Ás dez da noite do día 18 de agosto de 1948, petan na porta do negocio de Francisco Lama Ferreiro de Vilar de Santos, o seu fillo Xulio recoñece a Manuel Casares e abre a porta, penetrando dous guerrilleiros armados con pistolas metralladoras,…

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (2ª parte).

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (2ª parte). A Primeira Guerra Carlista (1833-1840) (2ª parte). No mes de febreiro de 1839 fora detido o veciño de Xinzo José Quintas, na casa do alcalde de Porqueira, tendo no seu poder un fusil inglés. Tamén foi detido o veciño de Ganade Gregorio da Lama, por levar…

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (1ª parte).

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (1ª parte).. As guerras carlistas foron unha serie de contendas civís que tiveron lugar en España ao longo do século XIX.  Entre os partidarios de Carlos María Isidro de Borbón e seus descendentes, e liberais e isabelinos partidarios do goberno da raíña Isabel II de España. Aínda que…

Os sete malogrados intentos de desecamento da Lagoa de Antela no século XIX.

O día 8 de setembro de 1958 fará 60 anos que comezaron as obras do desecamento da Lagoa en Ponte Liñares. Antes de que isto sucedera, no século XIX, houbo sete intentos que non tiveron bo fin. Os labregos da Limia nunca viron as obras con bos ollos e opuxéronse a elas, incluso violentamente. O…

O menhir da Pedra Alta da Antela

Por definición, enténdese que un menhir é un monumento megalítico formado por unha pedra fincada contra o chan. Á cultura megalítica pertence o menhir achado na lagoa de Antela coñecido como Pedra Alta, hoxe situado fóra da súa localización orixinal, un dos máis altos do noroeste peninsular. Está formado por unha pedra de grandes dimensións…

Edificios con historia: A antiga cárcere de Xinzo.

Propiedade no seu día da xunta de partido de Xinzo de Limia e remodelada no ano 1849, obra orzada entón en 29.802 reais. (do libro: “Julián Toubes 1796-1870. O correxedor de Xinzo que quixo desecar a lagoa”) de Edelmiro Martínez Cerredelo. Por esta cárcere, de negros recordos para moitos, utilizada polos sublevados do golpe militar…

9 de agosto de 1936. Os asasinatos do concelleiro Cándido Fernández García e o agrario Cándido Gándara González de Sandiás.

O suceso máis recordado da represión en Xinzo prodúcese cando a Garda Civil e seis Falanxistas se presentan ás doce horas da noite do día 9 de agosto, no domicilio en Baronzás do concelleiro e tenente alcalde do Concello de Xinzo, o socialista Cándido Fernández García; milicianos armados con escopetas e pistolas sácano á forza.…

Crónica festivo deportiva do Piñeira F.C. por Luís Otero

DO FULANO DAS SANDALIAS AO SEU AMIGO MANOLITO SANTANA (E.P.D.) QUE COCIÑOU AS CAMISETAS DO PIÑEIRA C.F. polo escritor e periodista limiao Luis Otero. Pois si, eu fun futbolista, dianteiro centro do Piñeira C.F., de Piñeira de Arcos, co que cosechei lauros sin conto e, hai que dicilo todo, unha sonada humillación que aínda hoxe…