Nacemento en 1954 da Biblioteca Municipal Antelana.

A idea da creación da biblioteca xurde dun pleno municipal extraordinario celebrado o día 31 de marzo do ano 1954, o daquelas alcalde J.C. Romero Nieto: <<Manifiesta que una ineludible obligación de las Corporaciones Municipales es difundir la cultura y aumentar e intensificar la acción de los centros de enseñanza. Que los pueblos necesitan de…

O estado ruinoso da igrexa parroquial de Xinzo no século XIX.

    No ano 1859, o párroco de Xinzo, Xosé Gómez Muíños, fixo presente repetidas veces aos seus fregueses o estado ruinoso do tellado e a parede norte da igrexa parroquial e indicaba que: “es imprescindible la necesidad de acudir a tamaña urgencia, tan perentoria por cierto, que cada día amenaza venirse abajo todo el…

Os condes de Gimonde na Limia.

  Antonio Ramón Cisneros de Castro, señor de Maindo, fillo de burgueses e pai de aristócratas, foi un renomeado fidalgo da xeografía compostelá que destacaría polo seu desempeño nunha chea cargos públicos, sociais e militares, entre os que salienta o seu oficio de rexedor perpetuo do partido de Santiago entre os anos 1720 e 1749.…

Pequena historia da Ladeira e o Toural de Xinzo.

   A Ladeira. O terreo onde se encontraba a Ladeira formaba parte do sitio da Seara, segundo podemos comprobar polo interrogatorio de catastro do Marqués da Ensenada do ano 1753, onde di: “También disfrutan[1]veintiuna tegas de campiña al sitio da Seara, secano, tercera calidad, L. puente da pedra, P. ermita de San Roque, N. plaza…

A chegada da electricidade a Xinzo de Limia (1911).

  Desde finais do século XIX e principios do século XX, o sistema de iluminación que se utilizaba na vila de Xinzo baseábase en lámpadas de petróleo. Non podemos saber exactamente o ano en que fora instalado este sistema pola falta de documentos no arquivo do concello. Nun pleno celebrado o 29 de xullo de…

Historia da Praza Maior de Xinzo

  A Praza Maior foi sempre, desde tempo inmemorial, o centro neurálxico da vida comercial e social da vila de Xinzo. Nesta praza, en tempos pasados, situábanse as principais casas das familias fidalgas, das que lamentablemente pouca historia coñecemos. Nela encóntranse dúas das escasas labras heráldicas que temos na vila, nas antigas propiedades da familia…

Modesto Montero, o construtor promotor que fixo crecer Xinzo ao ancho.

  Modesto Montero, o construtor promotor que fixo crecer Xinzo ao ancho, propiciando a expansión urbana da vila. Publico esta pequena biografía para que os veciños da vila e concello de Xinzo coñezan a obra do construtor promotor, Modesto Montero Colmenero, que naceu hai 87 anos na pequena aldea de Santa Baia de Chamosiños do…

As capelas anexas da parroquia de Santa Mariña de Xinzo.

Pola visita do bispo de Ourense e os informes que deixou escrito nos libros parroquiais, sabemos que nos termos desta parroquia, en 1831, existían tres capelas ou ermidas, todas coa decencia precisa para que se puidesen celebrar nelas a misa, inda que nalgunhas había necesidade de reparacións ou enfeites. Unha das capelas recibiu a advocación…

As feiras de Xinzo a través do tempo.

Pódese dicir que a feira do día 14 en Xinzo, que se organiza desde tempos inmemoriais, deulle forma e vida á vila. Era xa importante no ano 1131, cando o rei Afonso VII lles concedeu aos habitantes de Ourense a exención do portádego e do telonio cando fosen vender á Limia as súas mercadorías[1]. No…

O Cine Antelano.

  No ano 1948 tivo lugar na nosa vila a apertura dun moderno e primeiro cinema da vila, chamado Los Molinos[1], coa proxección da película Salvaje Blanca, protagonizada por María Montez. Anos despois, coa chegada das películas en cor, tivo lugar un extraordinario acontecemento social: en pleno centro da vila, na rúa principal, no mes…