As feiras de Xinzo a través do tempo.

Pódese dicir que a feira do día 14 en Xinzo, que se organiza desde tempos inmemoriais, deulle forma e vida á vila. Era xa importante no ano 1131, cando o rei Afonso VII lles concedeu aos habitantes de Ourense a exención do portádego e do telonio cando fosen vender á Limia as súas mercadorías[1]. No…

O Cine Antelano.

  No ano 1948 tivo lugar na nosa vila a apertura dun moderno e primeiro cinema da vila, chamado Los Molinos[1], coa proxección da película Salvaje Blanca, protagonizada por María Montez. Anos despois, coa chegada das películas en cor, tivo lugar un extraordinario acontecemento social: en pleno centro da vila, na rúa principal, no mes…

OUTONO DE 1918: A EPIDEMIA DE GRIPE NOS CONCELLOS DE XINZO DE LIMIA E MOREIRAS.

O soldado estadounidense Mitchell, cociñeiro no Campamento  Funston, en  Kansas, ingresa na enfermería o 4 de marzo de 1918 con febre e unha forte dor de cabeza. Unha semana despois os enfermos eran incontables. Desde este campamento, onde enfermou o cociñeiro, chegaban soldados xa infectados á fronte francés da Primeira Guerra Mundial. Así foi como…

O río Limia: o río do esquecemento.

  Escribía Carlos Casares en castelán que: “Limia en principio es un hidrónimo, esto es: un nombre de río. Después paso a ser un topónimo (=nombre de lugar) y un andrónimo (=nombre de persona, apellido) […] Limia sabemos que pertenece a una familia de hidrónimos bien representada en Europa y que procede de una raíz…

A Ponte de Liñares

  Unha foto doutra fermosa ponte derruída por mor da canalización do río Limia para desaugar a lagoa de Antela en Ponte de Liñares. Ponte romana de traza medieval, alombada, que evidentemente substitúe no mesmo lugar a outra desaparecida, pertencente á antiga vía romana.  «A Vía Nova cruzaba o Limia e seguía polo norte o…

A fundación do convento do Bon Xesús de Trandeiras

  No ano 1523 fúndase o convento do Bon Xesús de Trandeiras, que dirixen os franciscanos chamados por Alonso de Piña115. Segundo un curioso documento estudado por Couceiro Freixomil, relativo ás orixes, fundación e primeiros tempos do convento do Bon Xesús de Trandeiras –un escrito anónimo dunha copia orixinal que se daba por existente na…