O maquis na Limia: Queima da casa de Epifanio Feijoo en Sabucedo (Porqueira) e a reitoral de Couso de Salas (Muiños).

No mes de febreiro de 1949, unha parte dos guerrilleiros da II Agrupación, atópase en Quintás de Sabucedo (Porqueira) resgardándose na casa de Epifanio Feijoo Gándara[1], permanecendo no lugar uns catro días ata que foron descubertos pola Garda Civil que tentou de cercalos. Un cura a cabalo que pasaba pola zona, animou os gardas a…

Radio Ginzo-La Voz de la Limia.

    . Durante a ditadura, e sempre baixo a censura previa da súa  programación, todo o sistema informativo do franquismo funcionaba en réxime de monopolio da información. Creou numerosas emisoras de radio, ben a través da Cadea Azul de Radiodifusión, xestionada pola Fronte de Xuventudes ou ben a través da Cadea de Emisoras Sindicais.…

JOSÉ SANTIAGO TABOADA

  Nado en Xinzo ás seis da mañá do día 6 de setembro do ano 1884, seus pais eran Matías Santiago Román, natural de Villar de Ciervos (Zamora) e Rosa Taboada Gómez, comerciantes e domiciliados na rúa San Roque. Foi un inquieto editor e escritor, pois a comezos de século fundou na vila de Xinzo…

Peza de marfil de Xinzo de Limia.

Extracto do artigo do arqueólogo limiao Manuel García Valdeiras, publicado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Esta peza apareceu durante o desenvolvemento do proxecto: Escavación arqueolóxica na rúa Sta. Mariña núm. 4-6 (Xinzo de Limia, Ourense), executado durante os meses de marzo e abril de 2016. Polo que respecta ao contexto arqueolóxico de Xinzo de…

PRIVILEGIO DE LA FERIA DE PONTE LIÑARES (Güin. Ourense) 1696.

  O reverendo don Miguel Ángel González García, Canónigo archiveiro, sorprendeume con este agasallo, edita: Archivos capitular y diocesano de Ourense. Como coido que pode ser de interese para moitos veciños publícoo en fotografías para que os interesados o poidan ler. Se non pode ver correctamente as fotos, podes baixalas e amplialas.

Enfrontamentos da Garda Civil coa guerrilla en Toxediño e Parada de Outeiro

  Enfrontamentos da Garda Civil coa guerrilla en Toxediño e Parada de Outeiro. A mediados do mes de Decembro de 1948, saen os guerrilleiros para Vilar de Santos, parando tres días na Corga na casa de Rosa Gándara[1], á que tiñan aceso co contrasinal de “Foco”[2], seguindo posteriormente ata Parada de Outeiro onde se aloxaron…

(PROPASI S.L.) Productores de Patata de Siembra S.L.

PROPASI, S.L. e AGA, S.A. O día 23 de xuño do ano 1923 constitúese en Valencia a Asociación de exportadores de patata S.A[1], co obxecto social preferente da compra venda, exportación e importación de pataca, arroces e cebola. Posiblemente despois da guerra civil constitúen outra sociedade Productores de patata de siembra S.L. e abren delegacións…