O maquis na Limia: Queima da casa de Epifanio Feijoo en Sabucedo (Porqueira) e a reitoral de Couso de Salas (Muiños).

No mes de febreiro de 1949, unha parte dos guerrilleiros da II Agrupación, atópase en Quintás de Sabucedo (Porqueira) resgardándose na casa de Epifanio Feijoo Gándara[1], permanecendo no lugar uns catro días ata que foron descubertos pola Garda Civil que tentou de cercalos. Un cura a cabalo que pasaba pola zona, animou os gardas a…

Mulleres represaliadas da Limia. Delfina Lamas Clemente das Pegas (Sandías).

  O día 15 de outubro de 1937 e na zona, do monte do Furriolo da Lampaza  no concello de Rairiz de Veiga é atopada unha muller duns corenta e cinco anos de idade, asasinada durante a noite do 13 ao 14 e falecida a consecuencia do popularmente coñecido “tiro de Calvo Sotelo” (tiro na…

Enfrontamentos da Garda Civil coa guerrilla en Toxediño e Parada de Outeiro

  Enfrontamentos da Garda Civil coa guerrilla en Toxediño e Parada de Outeiro. A mediados do mes de Decembro de 1948, saen os guerrilleiros para Vilar de Santos, parando tres días na Corga na casa de Rosa Gándara[1], á que tiñan aceso co contrasinal de “Foco”[2], seguindo posteriormente ata Parada de Outeiro onde se aloxaron…

Golpes da guerrilla antifranquista en Vilar de Santos e as Pegas (Sandiás)

    Golpes da guerrilla en Vilar de Santos e as Pegas (Sandiás) Ás dez da noite do día 18 de agosto de 1948, petan na porta do negocio de Francisco Lama Ferreiro de Vilar de Santos, o seu fillo Xulio recoñece a Manuel Casares e abre a porta, penetrando dous guerrilleiros armados con pistolas metralladoras,…

O Somatén Armado do réxime franquista na Limia.

  O Somatén Armado do réxime franquista na Limia. Preocupado polas actividades dos fuxidos e procurando a busca e desarticulación dos enlaces e colaboradores dos movementos de resistencia armada, os popularmente coñecidos como “maquis”, que melloraran a súa actividade guerrilleira encadrados en unidades de combate, o réxime recorre a vellas ideas e recupera o Somatén.…

A Limia:Preparando o golpe de estado militar de 1936.

Preparativos da conspiración cívico militar. Os aires de conspiración contra a República tamén chegaron á Limia; en datas non especificadas, posiblemente a principio de xullo, prodúcese a detención de falanxistas e son incautadas algunhas armas. A pesar deste revés, os falanxistas tiñan orden de estar preparados para o primeiro aviso; inda que foran parcialmente desarmados,…

Benxamín Rodríguez Novoa. “El camarada del puerto”.

  Natural de San Lourenzo de Porqueira e casado coa miña curmá Fina Cerredelo. Unha excelente persoa e apaixonado militante das esquerdas. Na súa época de traballador do porto de Barcelona, foi un destacado membro do PCE(i) na difícil e perigosa época da ditadura franquista. Nun traballo de final de carreira, presentado na Universidade Autónoma…

9 de agosto de 1936. Os asasinatos do concelleiro Cándido Fernández García e o agrario Cándido Gándara González de Sandiás.

O suceso máis recordado da represión en Xinzo prodúcese cando a Garda Civil e seis Falanxistas se presentan ás doce horas da noite do día 9 de agosto, no domicilio en Baronzás do concelleiro e tenente alcalde do Concello de Xinzo, o socialista Cándido Fernández García; milicianos armados con escopetas e pistolas sácano á forza.…

A EDREIRA, EL ÚLTIMO BASTIÓN DE LA RESISTENCIA EN OURENSE [ 18 en el balneario ]

O meu amigo o escritor e peridodista Xosé Dominguez, despois dun longo traballo de investigación documetal, bibliográfico e de traballo de campo, así como de multitude de entrevistas persoais, está a punto de ver nas livrarías o seu libro que nos abrirá os ollos sobre o que sucedeu no casarío da Edreira, refuxio da  II…

O maquis na Limia. Pazos de Codosedo 2ª parte: a versión da Garda Civil

2ª parte. A versión da Garda Civil difire da dos veciños, Camilo Montes Valdés, tenente coronel xefe da 239ª Comandancia da Garda Civil de Ourense, que mandaba o operativo, informa: “Obtenida por el jefe que suscribe de modo confidencial “contraseña” establecida por los dirigentes de la IV Agrupación de Guerrilleros de Galicia, para ponerse en…