Lembranzas de Manolo Viso.

  A miña amizade con Manolo e a súa familia ven de lonxe. Alá polos anos 1963/1964, coa Gran Taberna recen inaugurada, a familia Viso, residentes en Bilbao, viñan pasar as vacacións a súa aldea de Baronzás. Todos os días visitaban o noso bar para degustar as apetitosas tapas que facía a miña nai. Contarei…

As fábricas artesanais de chocolate en Xinzo.

Historia do chocolate. Por regra xeral, denomínase chocolate ao produto final do procesado dos grans do cacao. Inicialmente foi consumido polas tribos olmecas de Mesoamérica, fai tres mil anos, como bebida e posteriormente empregado como moeda polos mayas, trasladándose posteriormente ao Imperio azteca. Durante a época do declive destas culturas precolombinas, e comezada a conquista…

Nacemento en 1954 da Biblioteca Municipal Antelana.

A idea da creación da biblioteca xurde dun pleno municipal extraordinario celebrado o día 31 de marzo do ano 1954, o daquelas alcalde J.C. Romero Nieto: <<Manifiesta que una ineludible obligación de las Corporaciones Municipales es difundir la cultura y aumentar e intensificar la acción de los centros de enseñanza. Que los pueblos necesitan de…

Visita pastoral do bispo de Ourense, Dámaso Iglesias e Lago, á parroquia de Santa Mariña o día 13 de xuño de 1831.

  Nos libros de visitas da parroquia fálase da que fixo o bispo de Ourense. Neles indícase que visitou o altar maior, en devoción á patroa da parroquia de Santa Mariña, virxe e mártir. Visitou tamén o colateral do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e o da Epístola do Santísimo Cristo. E visitou así…

O maquis na Limia: Queima da casa de Epifanio Feijoo en Sabucedo (Porqueira) e a reitoral de Couso de Salas (Muiños).

No mes de febreiro de 1949, unha parte dos guerrilleiros da II Agrupación, atópase en Quintás de Sabucedo (Porqueira) resgardándose na casa de Epifanio Feijoo Gándara[1], permanecendo no lugar uns catro días ata que foron descubertos pola Garda Civil que tentou de cercalos. Un cura a cabalo que pasaba pola zona, animou os gardas a…

O estado ruinoso da igrexa parroquial de Xinzo no século XIX.

    No ano 1859, o párroco de Xinzo, Xosé Gómez Muíños, fixo presente repetidas veces aos seus fregueses o estado ruinoso do tellado e a parede norte da igrexa parroquial e indicaba que: “es imprescindible la necesidad de acudir a tamaña urgencia, tan perentoria por cierto, que cada día amenaza venirse abajo todo el…

Os condes de Gimonde na Limia.

  Antonio Ramón Cisneros de Castro, señor de Maindo, fillo de burgueses e pai de aristócratas, foi un renomeado fidalgo da xeografía compostelá que destacaría polo seu desempeño nunha chea cargos públicos, sociais e militares, entre os que salienta o seu oficio de rexedor perpetuo do partido de Santiago entre os anos 1720 e 1749.…

Manifestacións do 1º de maio de 1936 en Xinzo de Limia

  Preocupado polas manifestacións previstas para o 1º de maio, o Gobernador Civil xa remitira telegrama o día 28 de abril aos concellos: “(..) debiendo exigir organizaciones solicitud reintegrada, pidiendo autorización y señalando esa Alcaldía itinerario, debiendo hacerle presente a dirigentes no se permite concentraciones otros Ayuntamientos, haciéndoles responsables de cualquier trasgresión, a cuyo efecto…

Pequena historia da Ladeira e o Toural de Xinzo.

   A Ladeira. O terreo onde se encontraba a Ladeira formaba parte do sitio da Seara, segundo podemos comprobar polo interrogatorio de catastro do Marqués da Ensenada do ano 1753, onde di: “También disfrutan[1]veintiuna tegas de campiña al sitio da Seara, secano, tercera calidad, L. puente da pedra, P. ermita de San Roque, N. plaza…

A chegada da electricidade a Xinzo de Limia (1911).

  Desde finais do século XIX e principios do século XX, o sistema de iluminación que se utilizaba na vila de Xinzo baseábase en lámpadas de petróleo. Non podemos saber exactamente o ano en que fora instalado este sistema pola falta de documentos no arquivo do concello. Nun pleno celebrado o 29 de xullo de…