Revolta campesiña en Rairiz de Veiga en 1932.

Igrexa de San Xoán de Rairiz de Veiga.

No ano 1932 son moitas as protestas dos campesiños, dada a mala situación económica, a carestía de vida e os aumentos dos impostos municipais. No Concello de Rairiz de Veiga ocorren nestas datas uns graves sucesos, que foron publicados na prensa o día 26 de abril. Dende facía tempo notábase certo malestar en toda a Limia pola subida do Imposto de Utilidades e celebrábanse reunións para rexeitalos, asembleas que de seguro foron convocadas polas distintas Sociedades Agrarias. En Rairiz de Veiga,  nunha reunión á que estaba invitado o alcalde Luís Fernández Puga, non se presentou; a súa ausencia provocou que se excitaran os ánimos e oíronse voces pedindo que non se pagase ningún imposto, e que tamén se expulsara ao cura da parroquia para que o pobo non tivera ningunha carga. Formouse un pequeno alboroto entre os católicos e os partidarios de expulsar ao cura, que acabou a labazadas.

Como os partidarios do cura eran maioría, os outros retiráronse, indo a buscar apoio ás distintas parroquias. O domingo 24 de abril, sobre as nove da mañá, presentouse no pobo unha manifestación capitaneada por Francisco Pozos Baños, en actitude un tanto violenta; o Cabo da Garda Civil invitounos a que depuxeran a súa actitude. Os alborotadores ao ver que só había un cabo e dous gardas, non fixeron caso da advertencia da Benemérita, que se viu na necesidade de disparar ó aire. O xefe dos manifestantes abalanzouse sobre o Cabo cunha navalla o que provocou que un dos gardas disparara, matando a Francisco Pozos (esta é a versión publicada na prensa, que non coincide ca do capitán de Infantería, defensor dun dos procesados no Consello de Guerra) para quen:

“Lo cierto es que no hubo alteración alguna de orden público, pues no se puede llamar alteración (…) a una simple discusión que según declaración del mismo párroco se efectuó en tonos bajos y pacíficos. Alarmado el Cabo del puesto por la noticia recibida se personó en el pueblo de Rairiz (…) encontrando, como se encuentran siempre en las plazas de los pueblos y más en días holgados, grupos de gente en actitud pacífica (…) Como en el pueblo se notara la presencia de los guardias, algunos se acercaron a ver lo que ocurría (…) [y] una sobrina del cura (…) dijo asustada: “Cabo, ahí vienen los del Molino armados con hoces y palos (…) Los guardias al verlos venir hacia ellos y creyendo que venían a agredirles les ordenaron que no avanzasen (…) y ante la resistencia pasiva que ofrecían para retirarse, el Cabo hizo un disparo al Atrio de la Iglesia para intimidarlos. Entonces Francisco Pozos que venía en uno de los grupos se adelantó con las manos en alto diciendo: “paz, paz, paz, calma que no pasa nada”, oyéndose seguidamente dos disparos más, uno (…) que causó la muerte de Francisco Pozos (…) Del estudio del sumario solo sale a relucir una hoz mangada en un palo (…) y dos cayados de uso tan frecuente en  las aldeas, a más (sic) de una navaja que se encontró en poder del muerto, armas, si a esto se puede llamar armas, tan mezquinas y risibles que con solo citarlas dan idea de su poder agresivo para tratar de agredir con ellas a una fuerza armada militarmente[1].

De seguido se restableceu a orde. Pola tarde presentouse no pobo o Gobernador Civil, ordenando ao párroco que abandonase o pobo ou poñeríalle unha multa, inda que o párroco non estivera presente na refrega, nin dixera ningunha provocación durante a misa. Ao día seguinte o gobernador ordenou novamente ao párroco, que sen escusa algunha abandonase Rairiz, pedíndolle ao bispo de Ourense que nomeara outro sacerdote para a parroquia[2]. (Do meu libro: Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953).


[1]  Prada Rodríguez, J. 1998. (Para o relato da defensa).

[2]  La Región. 26.04.1932.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s