14 de agosto de 1936. O asesinato de Álvaro Rodríguez Feijoo “Alvarito”

Cadro UMBRAL D’AUSENCIA de Xosé Lois Carreira, portada do libro Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953

O día 14 de agosto de 1936 aparece morto “a consecuencia de lesión cerebral causada por herida de arma de fuego corta”, Álvaro Rodríguez Feijoo “Alvarito”, no lugar de Milas en Cortegada (Sarreaus) (129), de vinteún anos; era nativo de Baronzás ao igual que seus pais130 e tiña o domicilio en Verín, onde era taxista; persoa moi coñecido en Xinzo, pois tiña familia e amores. Este asasinato causou un forte impacto no pobo de Xinzo; Alvarito, como era familiarmente coñecido, fuxira de Verín escapando dos falanxistas que o perseguían por ter levado en taxi a varios fuxidos republicanos, sendo detido en Xinzo a requirimento dos mesmos. Outra versión di que de volta dun viaxe, foi parado por milicianos nas Estivadas, e no rexistro do taxi atoparon propaganda de esquerdas que el achacou ao esquecemento dos viaxeiros que levara; foi detido e traído a Xinzo.

Chegada a noticia a Verín, unha comisión de mulleres daquel pobo, presentouse en Xinzo e falaron co Alcalde e Delegado Militar para interceder por el e conseguir a súa liberdade, cousa que lles prometeron e non cumpriron. Parece ser que cando o sacaron do cárcere na madrugada do día 14 para “pasealo”, presentou moita resistencia e no forcexo arrancou dunha dentada un dedo da man a un dos milicianos; con posterioridade este parece ser que chegou a presumir nunha taberna do pobo de que lle pegara un tiro alí mesmo. Tamén a un dos que participaron na súa morte o viron días despois co reloxo do defunto no pulso (130).

129 Rexistro Civil de Sarreaus, inscrición 83, folio 42.

130  Outra versión sobre este suceso é a de Xosé Álvarez Limia que na súa Web escribe: “El último Viaje de Alvarito”. El estallido de la guerra civil en Verín dio el dominio de la situación a los milicianos del frente popular y dos días más tarde fueron reducidos por la intervención de los guardias de asalto, guardia civil y carabineros. El joven Alvarito regresaba de hacer un servicio (viaje Verín-Orense), le paró un grupo de control en el Puerto de «As Estivadas», situado a mitad de camino entre Ginzo de Limia y Verín. Al parecer en el taxi se encontró un paquete con propaganda marxista y, pese a las protestas del taxista que manifestó su desconocimiento y participación en tan grave asunto, le llevaron preso a la cárcel de Ginzo.

Aquella misma tarde llegó la noticia a Verín; inmediatamente, se movilizó un grupo de las señoras más distinguidas de nuestra Villa, que se personaron ante el Alcalde de Ginzo, solicitando la libertad del preso. La promesa de la Autoridad local fue rotunda: –Váyanse tranquilas a sus casas, porque les prometo que mañana, a primera hora, tendrán al muchacho con ustedes. A media mañana del día siguiente se supo en Verín que Alvarito había sido asesinado. ¡Vil e impunemente asesinado! Y es que nuestro joven amigo jamás se implicó en política. Cierto que su padre, hombre bastante mayor, se declaró siempre comunista acérrimo y por tales ideas fue encarcelado y en prisión permaneció de principio a fin de la guerra”.

O pai era Xerardo Rodríguez Barxe, nativo de Baronzás (Xinzo de Limia), inculpado de formar parte dun grupo de milicianos que logo de requisar armas mantiveron o control de Verín para a República durante dous ou tres días. Xulgado en consello de guerra sumarísimo con outros veciños, foi condenado a 20 anos de cárcere, por rebelión militar, en setembro do 36. De profesión pintor e residente en Verín, segundo datos extraídos da paxina Web de Xosé Álvarez Limia, parece ser que pai e fillo figuran na relación de milicianos republicanos armados por orden do Alcalde de Verín, previa incautación de armas cortas e largas a establecementos comerciais e particulares nas primeiras horas do golpe militar. Consta o seu ingreso no cárcere de Ourense co nº 776 o 02.08.1936.

(Do meu libro Historia e Memoria. A LIMIA 1931-1953).

 

 

Deja un comentario