Edificios con historia: A antiga cárcere de Xinzo.

Propiedade no seu día da xunta de partido de Xinzo de Limia e remodelada no ano 1849, obra orzada entón en 29.802 reais. (do libro: “Julián Toubes 1796-1870. O correxedor de Xinzo que quixo desecar a lagoa”) de Edelmiro Martínez Cerredelo.

Por esta cárcere, de negros recordos para moitos, utilizada polos sublevados do golpe militar de 1936 pasaron, entre outros, Fernando Cordón que fora destituído de Administrador de Aduanas de Verín, destacarase na organización da resistencia republicana en Ourense.  M. Gómez del Valle, poeta e xornalista, comunista e redactor do Heraldo de Madrid. Foran detidos en Xinzo os primeiros días do golpe de estado, nun control de falanxistas na estrada, e ingresados nesta cárcere. Foron levados posteriormente a Ourense, xulgados en consello de guerra o día 3 de agosto e fusilados o día 11.

Outros que estiveron detidos e foron paseados, e asasinados, dende esta cárcere nos primeiros días do golpe militar foron: Benito Valencia Bouza, do sindicato agrario da zona de Muiños; Francisco Sierra Rodríguez, mestre de Mosteiro; Domingo Lorenzo Sánchez de Pexeirós; Cándido Fernández García, socialista, concelleiro e tenente alcalde do concello de Xinzo; Cándido Gándara González, membro da xestora republicana no concello de Sandiás e concelleiro en 1931, directivo da Sociedade Agraria de Sandiás; Álvaro Rodríguez Feijoo “Alvarito” taxista de Verín moi coñecido en Xinzo é Vicente Caprosio Rodríguez “Xeta” un artesán de confección de Pantallas para o Entroido. Todos tirados e abandonados nos valados de distintas estradas da comarca. No seguintes anos da guerra inda pasaron outros republicanos que tamén foron vítimas da barbarie fascista (Do libro: “Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953” de Edelmiro Martínez Cerredelo).

Cono anécdota contarei que na parte superior de este edificio viviu de recén nacido o escritor Antón Riveiro Coello, o seu pai, garda municipal, estaba encargado, nos anos 60, deste depósito de presos. Anécdotas que conta no seu fermoso libro “Casas baratas” no capítulo “ O cárcere”.
Na actualidade o edificio é sede da “Escola de gaitas e percusión” do concello de Xinzo de Limia, e fai pouco tempo que se lle puxo o nome de Antonio Rodríguez, un home moi querido, militante comunista, concelleiro e o primeiro bibliotecario da pública deste concello.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

w

Connecting to %s