O asasinato de Francisco Sierra, mestre de Mosteiro, en agosto de 1936.

1930-francisco-sierra-mestre-de-mosteiro-cos-nenos-da-escolaa-nena-ao-seu-lado-e-a-sua-filla-estherO día 3 de agosto de 1936 atópase morto na costa de Allariz o mestre de Mosteiro, Francisco Sierra Rodríguez, que fora vicepresidente da Radio Comunista de Lamas, a consecuencia de “herida por arma de fuego en acción de guerra”. Fórono buscar de noite á súa casa en Mosteiro; fixo fronte aos falanxistas e á garda civil, colocando colchóns e mobles nas portas e ventás, producíndose un tiroteo; como non se entregaba foron buscar gasolina para prenderlle lume á casa; finalmente entregouse para salvar a súa muller, Beatriz Murias e a súa filla Esther que tiña daquela once anos. De cando o foron buscar os milicianos falanxistas temos a testemuña dunha, por aquelas, rapaza de Mosteiro: “Cando o colleron estaba aquí na casa reitoral, él inda se defendeu (…) foron onda o tío Camilo buscar gasolina para prenderlle lume á casa (…) querían prenderlle lume para que saíra, se non, non o sacaban; despois non sei como foi para saír, eu penso que o enganaron (…) xa aquela noite prendérono e levárono para o cárcere de Xinzo. A muller moveuse a ver se podía facer algo para que lle perdoaran, ela só quería que non o mataran e dixéronlle en Xinzo que se pagaba tres mil pesetas que o arregaban, e ela foinas buscar onda o Lepina que tiña unha tenda; era cuñado dela, deixoullas, foinas entregar e dixéronlle: vaite tranquila que non pasa nada; inda non chegara á metade do camiño e xa o sacaran e quedáronse cas tres mil pesetas (…). Él era mestre e boa persoa, non tiñan motivos, sería doutra política (…) el tiña coñecemento de que viña a guerra. E cando o mataron fórono buscar e trouxérono para Guntimil, eu era unha nena, pero acórdome que había moito silencio no enterro e algúns homes estaban subidos aos arbores para vixiar por se volvían os milicianos falanxistas”. (Do meu libro: Historia e memoria. A LIMIA 1931-1953. P. 158).

Na foto Francisco Sierra e a súa dereita, en primeiro plano, Esther a filla,

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s