Cine Los Molinos, o cine de “arriba” ou cine do Ruca.

 

O cine Los Molinos cando o estaban desmantelando. 

No ano 1948 tivo lugar na nosa vila a apertura dun moderno e primeiro cinema da vila, chamado Los Molinos[1], coa proxección da película Salvaje Blanca, protagonizada por María Montez. O cine era propiedade do industrial Luis Barge Calviño, o Ruca.

Asistiron autoridades de todos os organismos provinciais e locais, así como representantes de todos os cinemas dá provincia. Ao final os asistentes foron obsequiados cun espléndido lunch. No acto falou, cunhas sentidas palabras, o Deputado en Cortes en representación dos concellos dá provincia don Edesio Fuentes, que glosou a beleza e encanto da vila de Xinzo e a súa comarca, tamén falaron o delegado provincial de sindicatos,  o alcalde de Xinzo don Antonio González Garrido e o propio anfitrión.

O salón estaba decorado de acordo coas últimas tendencias: molduras douradas de escaiola iluminadas interiormente rodeaban a pantalla, con luces indirectas que proviñan dunha especie de conchas de vieira abertas nas paredes; un corredor central cunha grella de fundición, que no inverno tiña as brasas que caldeaban a sala, sen palco, vestíbulo inmenso, bar, baños e pantalla propia dun cinema de capital.

O cine tiña unha superficie construída de 315 m2., feito en pedra e ca cuberta de tella sobre viguetas de formigón. Constaba de vestíbulo, sala de espectáculos con 360 butacas e escenario, todo de planta baixa. Na media planta superior estaba instalada a cabina de proxección con unha máquina da marca Ossa, ademais dunha habitación destinada a despacho.

Este cine, no barrio de Villasana, funcionou en solitario varios anos e proxectou as mellores películas da época, en dura competencia co cine Antelano a partir de 1954. En 1950 faise concerto gremial entre o concello e Luís Barge Calviño, propietario do cine Los Molinos, sobre o prezo das entradas, imposto que terá que satisfacer ao concello e que ascende á cantidade anual de 7.000 pesetas. O cine Los Molinos estivo aberto desde 1948 ata 1959 ou 1960, aproximadamente.

Parte posterior do programa dá película “Lo que el viento se llevó”

Os meus primeiros recordos do cine están ligados ao cine Los Molinos, onde proxectaban a sesión infantil aos domingos, mais había uns días, que eran o primeiro domingo de cada mes, que nos levantabamos sen electricidade porque ese día se facían tarefas de mantemento na central das Conchas. Era frecuente que a sesión de cine infantil, que debía comezar ás 3:30 da tarde, se atrasase, ás veces algunhas horas, á espera de que a empresa restituíse o abastecemento eléctrico. Neste cine vimos maiormente as películas en branco e negro.

Reabriu posteriormente sobre 1964 e ata 1968 co nome de cine Dacar[2]. Estivo pechado unha temporada ata que a mediados dos anos setenta volve a funcionar co nome de cine Maricel[3]. Pechou definitivamente sobre mediados dos ano oitenta. O edificio foi derribado para edificar vivendas o ano 1992.

Publicación La Región do ano 1992, coa fachada e o nome de cine Maricel cando estaba a ser derruído.

[1]O nome vén de que o propietario, Luis Barge (o Ruca), era o propietario do único muíño industrial que había na vila.

[2]Nome derivado de DArio e CARidad (DACAR), que o tiñan arrendado.

[3]Nome derivado de MARIa e CELso (MARICEL), os novos propietarios.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s