O Cine Antelano.

 

O Cine Antelano na rúa General Franco

No ano 1948 tivo lugar na nosa vila a apertura dun moderno e primeiro cinema da vila, chamado Los Molinos[1], coa proxección da película Salvaje Blanca, protagonizada por María Montez. Anos despois, coa chegada das películas en cor, tivo lugar un extraordinario acontecemento social: en pleno centro da vila, na rúa principal, no mes de outubro de 1954 inaugurouse o cine Antelano, o segundo cinema tradicional, que estaba a nome da miña tía María Cerredelo, coa proxección da película El Cyrano de Bergerac. Era máis pequeno e moi “coqueto”, cunha preciosa decoraciónque recordaba a sala Savoy da Coruña. No centro da sala había unha lámpada de cristal tallado, alén dunha espectacular pantalla co seu escenario e un anfiteatro (que o chamabamos “o galiñeiro”, onde preferiamos estar os rapaces para nos librar da vixilancia dos maiores). Tiña un vestíbulo na entrada á platea pola rúa xeneral Franco, e un bar na entrada ao palco pola rúa Lepanto. O cine Antelano cerra as súas portas sobre 1960, na súa antiga situación na estrada xeral, e abre co mesmo nome na rúa Dous de Maio, onde con frecuencia se van proxectar películas en “programa doble, sesión continua”. O novo cine era un salón longo, estreito e de dubidoso gusto. Pechou definitivamente alá polos anos setenta.

Programa de man da primeira película proxectada o día da inauguración do cine

As dúas salas, para os espectadores, perderan os seus nomes orixinais e pasaron a chamarse “cine de riba” e “cine de baixo”. Coa dura competencia entre eles, chegaron as películas en cor de romanos, espadachíns, vaqueiros, piratas, aventureiros etc. E comezamos a coñecer os primeiros nomes de artistas famosos: Gary  Cooper, Alan Ladd, Elizabet Taylor, Cary Grant, Deborah Kerr, Rock Hudson, Doris Day, Clark Gable, Olivia de Havilland, Vivien Leigh, Grace Kelly, James Steward. Películas como Siete novias para siete hermanos, El hombre que mató a Liberty Balance, Los caballeros del Rey Arturo, Ivanhoe, Quo Vadis, Los tres mosqueteros, Sansón y Dalila e a apoteose con Lo que el viento se llevó, filme que os menores non puidemos ver por estar clasificada para adultos.

Resguardo de entrada da inauguración do cine

Outros títulos que deixaron pegada foron Raíces profundas, Los siete magníficos, Río Bravo, Solo ante el pelígro, El puente sobre el ría Kwai, Guerra y Paz, a mítica Casablanca, con Humphrei Bogart e Ingrid Bergman, ou La diligencia, con John Wayne e dirixida por John Ford,  etcétera. Tempos!!!

Do meu libro: Xinzo de Limia na memoria.

O cine Antelano xa na rúa Dous de Maio.

[1]O nome vén de que o propietario, Luis Barge (o Ruca), era o propietario do único muíño industrial que había na vila.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s