Colegio Santa Marina de Xinzo de Limia.

1

O colexio Santa Marina, foi fundado por Dn. Ricardo e seu fillo José Luís no ano 1952 aproximadamente, instalándose provisionalmente no 1º andar do edificio onde estaba tamén a “clínica” dental de Roberto e Fausto Martínez Biel, no baixo tiña o despacho o médico D. Casto R. Otero. Edificio hoxe desaparecido, que tiña a fachada dende a moblería Tejada ata o supermercado Día.

Colexio Santa Mariña. Esquina Toural-S.Roque

As aulas provisionais estaba repartidas entre a pensión da Pastora na estrada de Baronzás (onde paraban os profesores) e o piso anteriormente indicado, nestes emprazamentos estiveron pouco tempo ata que acondicionado o novo edificio, nunha data descoñecida, o colexio trasladase ao Toural, ocupando a primeira e segunda planta dun edificio que facía esquina a Praza de San Roque, colexio do que se fixo cargo despois cómo director D. Ángel Cocho. O campo do Toural converteuse en patio de recreo e xogos dos nenos e mozos que asistían ás clases. Lembro un amplo salón de estudo no primeiro andar compartido por estudantes de distintos cursos e varias habitacións no 1º e 2º andar para impartir as distintas materias.

4

Posteriormente, creo que a comezo dos 60, trasladase a dous pavillóns de planta baixa na hoxe rúa Rosalía de Castro, onde permaneceu ata o seu peche alá pola metade dos anos 70, logo do falecemento do seu director D. Ángel Cocho.

Santa Marina 2 Santa Marina 1

O colexio estaba autorizado oficialmente para acreditar os estudos ata 4º de bacharelato a partir do curso 1961/62. Creo que foi nesta época cando contou con internado, un caserón existente na rúa Curros Enriquez[i]. O internado tiña de encargados á cociñeira Amelia Márquez e seu marido Cándido López de Baronzás. O encargado de acompañar aos internos a ida e volta ao colexio era o profesor Ángel Mera. Aquí cursaron estudos moitos rapaces da vila e das aldeas de Xinzo, de Verín, Cualedro e doutros concellos da Limia.

2

Nel deu clases de Filosofía e Letras, ata outubro de 1955, o que logo sería prolífico escritor asturiano José Maria Lana Díaz, outro dos profesores do comezo (aparte de Don Ricardo e seu fillo José Luís) foron Dª Manolita de Juan (a dona de don Ángel) e don José que daba matemáticas. Posteriormente outros profesores foron Ángel Lorenzo (matemáticas), José Luís Bobillo, Antonio Rodríguez, Sixto Cerredelo, Magdalena Álvarez, Purita Veloso, Marujita Castillo, Ángel Mera, Narciso que daba química, J. Antonio Penín, Suso Carrera, Felisa Pena, Carmen Ramos, Mela Bermudez, Bernardino Graña, Lolita Carrajo? de Verín que daba ximnasia e Mari (a muller do Luciano) entre outros. Tamén deron clase os capeláns da igrexa de Xinzo, D. Benigno Moure e D. Darío Carracedo e segundo me conta Manolo Dobaño, Isaac Vila, o párroco do Cesareo e Matías Losada que daba política, aquela materia chamada Formación del Espíritu Nacional e tamén Bernardino Graña que daba literatura española.

 

3

Foto publicada por Xosé A. Carrera 3

Grato recordo das actividades culturais que con motivo da festividade de Santo Tomá de Aquino se celebraban no Cine Los Molinos e no campo da Seara, actividades teatrais, literarias e deportivas nas que participaban a maioría dos estudantes e profesores. Tal e cómo nos relata o amigo Xosé A, Carrera nos actos do ano 1960: “Na recordada academia “Santa Mariña” de Xinzo era tradición celebrar ó patrón dos estudantes, San Tomé, con todo boato. Non entendo a razón de que, se en todas partes o día propio é o 28 de xaneiro, aquí, no ano de graza de 1960, foi retrasada ata principios de marzo. Ben puido ser polas dificultades que tiveron os enxeñeiros —sabios di a pancarta— para montar un artefacto que espertou interese entón na vila, como ben se pode apreciar na secuencia de imaxes, e que aínda hoxe moita xente recorda. Tratábase de poñer en órbita nada menos que o LIMICOVER I. Os científicos, chegados da NASA —perdón, CASA—, eran Moncho Villarino, Tito Jó, sempre co perigoso combustible, e Amadeo, de Lamas, que, máis coñecido internacionalmente, quixo disimular súa identidade coas gafas negras. As axudantes, sen moita participación, foron Mari González e Merche Casares. Por alí tamén andaba un operador de TV que non é outro que Suso Diz. A quen me prestou as fotos pregunteille eu inxenuamente se chegara o foguete a alcanzar altura e díxome con graza que non, que fallara o acendido e ardera. A verdade é que cos mandos a distancia que usaban…”

Sto.Tomas 07.03.1960

O equipo de fútbol do colexio vestía calzón negro e camisa negra con colo branco como se pode observar na foto adxunta.

Equipo Colegio Santa Mariña (03-1960) miro martinez cerredelo sin rayas enf

Recentemente o concello de Xinzo bautizou o salón de actos da Casa da Cultura cómo Auditorio Angel Cocho, para honrar a memoria do director do colexio.

Na foto da aula vemos a: Manolita Glez,Teresa Losada, MªCarmen, Merche León, Carmen Mato, Manolita Fdez, Sarita Cid, Manolita Ruido, Marina Justo, Rosa Losada, Reyes, Gracia Estevez, Celia, Mercedes, Manolita Dorrio, Manolita Caseiro, Irene e Lolita Joga Tamén podemos ver a Don Angel, o director, e o seu fillo Federico Cocho.

No grupo de gaiteiros: Reyes, Del Río, Manolita Glez, Luis Barata, Manolita Caseiro, Felix Romero, Loly Joga e Carlos Gómez.

Na 1ª foto da actuación no cine Molinos: Benito Losada, Mela Bermudez, Loly Joga,Lurdes Villarino,Elisa Fuertes, Manolo Dobaño,Merche Casares e Ignacio Castillo.

Na 2ª: Loly Joga, Mari Villarino, Rosa, Manolita Fdez e Chichita Villarino.

Na outro foto na praza: Moncho, Mari,  Tito Jo, Merche Casares, abaixo: Lasquetty, Suso Diz e Martín Domínguez.

[i] Que fora o domicilio do director da Feculera, Gerardo Fuertes, e no que posteriormente foi o pub Casa das Meigas

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s