Peza de marfil de Xinzo de Limia.

Extracto do artigo do arqueólogo limiao Manuel García Valdeiras, publicado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Esta peza apareceu durante o desenvolvemento do proxecto: Escavación arqueolóxica na rúa Sta. Mariña núm. 4-6 (Xinzo de Limia, Ourense), executado durante os meses de marzo e abril de 2016. Polo que respecta ao contexto arqueolóxico de Xinzo de…

Parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia.

    Parroquia de 7.365 habitantes. Do seu patrimonio destacan a igrexa parroquial de Santa Mariña, chamada igrexa vella,  templo antigo é románico na portada e no arranque da torre, de finais do século XII; o resto sufriu diversas refornas posteriores, a última fíxose nos anos noventa do século pasado. Con tal motivo realizáronse escavacións,…

A lenda de SANTA MARIÑA, patroa de XINZO DE LIMIA. Festa que se celebra o 18 de xullo.

Unha das máis coñecidas lendas da Limia é a da vida, martirio e santidade da patroa da Parroquia de Xinzo: santa Mariña, virxe e mártir. A primeira recompilación histórica da vida da santa foi escrita polo bispo Muñoz de la Cueva no ano 1727, e leva por título: Noticias históricas de la Santa Iglesia Catedral…

As antigas festas de Corpus Christi en Xinzo de Limia.

Hoxe domingo celebra a Igrexa a festividade do Corpus Christi que, por razóns de produtividade económica, se traslada dende o xoves ao domingo. Na nosa vila, antigamente, ata principio dos anos 50 celebrábanse as principais festas da vila, coincidindo con esta festividade. A chegada a diócesis de Ourense do bispo Temiño, prohibindo a celebración e…