O xastre Antonio Sousa “O Fona”

O Fona era un popular xastre de Xinzo que tiña a xastrería  nunha casa da estrada xeral, nunha época na que en Xinzo había polo menos unha ducia de xastres. Nesta casa vivía outro personaxe casariano un mozo moi traste  chamado Pepito Casas, o xefe da maior e temida pandilla de rapaces de Xinzo, mencionado…

9 de agosto de 1936. Os asasinatos do concelleiro Cándido Fernández García e o agrario Cándido Gándara González de Sandiás.

O suceso máis recordado da represión en Xinzo prodúcese cando a Garda Civil e seis Falanxistas se presentan ás doce horas da noite do día 9 de agosto, no domicilio en Baronzás do concelleiro e tenente alcalde do Concello de Xinzo, o socialista Cándido Fernández García; milicianos armados con escopetas e pistolas sácano á forza.…

Cine Los Molinos, o cine de “arriba” ou cine do Ruca.

  No ano 1948 tivo lugar na nosa vila a apertura dun moderno e primeiro cinema da vila, chamado Los Molinos[1], coa proxección da película Salvaje Blanca, protagonizada por María Montez. O cine era propiedade do industrial Luis Barge Calviño, o Ruca. Asistiron autoridades de todos os organismos provinciais e locais, así como representantes de…

“O guitarrista limião EULOGIO GALLEGO MARTÍNEZ” (Ginzo de Límia, 02-09-1880 – ?)

A profesora e guitarrista Isabel Rei Samartím, recupera ao guitarrista limiao, cuxa historia escribe na súa tese doutoral. EULOGIO GALLEGO MARTÍNEZ (Ginzo de Límia, 02-09-1880 – ?) 1.- A família de Eulogio Gallego Martínez. A sua vila natal. O guitarrista Eulogio Gallego Martínez nasceu em Ginzo de Límia o dia 2 de setembro de 1880[1].…

A xenreira dos limiaos coas árbores parece que vén de lonxe

  No ano 1755 o Rei, por Real Orden, manda que se planten árbores nos comunais de toda a xurisdición que ocupaban terreos de pasto, algo que ía en detrimento dos criadores de gando. A xenreira dos limiaos coas árbores parece que vén de lonxe. Os vigairos e veciños de toda a xurisdición reunidos en…

Carlos Casares en Xinzo. Actividade cultural. Fotos e textos.

    Carlos nace o 24 de agosto de 1941 na cidade de Ourense, os seus país trasládanse a Limia cando conta soamente tres anos de idade. Na Limia, entre Piñeira de Arcos, Lamas, Sabucedo e Xinzo transcorre a súa infancia ata que en 1952, con 11 anos, ingresa no Seminario de Ourense. Regresa a…

O asasinato de Francisco Sierra, mestre de Mosteiro, en agosto de 1936.

O día 3 de agosto de 1936 atópase morto na costa de Allariz o mestre de Mosteiro, Francisco Sierra Rodríguez, que fora vicepresidente da Radio Comunista de Lamas, a consecuencia de “herida por arma de fuego en acción de guerra”. Fórono buscar de noite á súa casa en Mosteiro; fixo fronte aos falanxistas e á…

Fábrica de gasosas Ramos. Crónica de Casares:Refrescos Lola. Aqueles refrescos

La Ibérica fabrica de gasosas, refrescos Lola, gasosas Primo Ramos, refrescos Vanguard, gasosas Ramos, son os distintos nomes dunha das fábricas de gasosas que existía en Xinzo. Naqueles anos había outra fábrica de Benito Rodríguez Rodríguez no barrio de Villasana, máis coñecido como o Garnacha. Anteriormente só teño constancia en anos anteriores da que había…

O Paco Twist en Xinzo. Francisco Ropero Gómez (Paco Paco).

Ao galego Francisco Ropero Gómez (Paco Paco), de pai andaluz e nai galega, gustoulle desde sempre a música. Seus país rexentaban unha pensión na rúa de Reza en Ourense. A principios dos anos 60 aparece en Xinzo como traballador do Instituto Nacional de Colonización que estaba desenrolando as labores de desaugamento da lagoa de Antela.…