O comezo da formación profesional en Xinzo. Cursos 1977/78 e 1978/79

CENTRO NACIONAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL. Xinzo de Limia. MEMORIA ESCOLAR. Cursos 1977/78 e 1978/79 O día 14 de outubro de 1977 saía unha Orde Ministerial no Boletín Oficial do Estado pola cal se creaba en Xinzo de Limia unha Sección de Formación Profesional, dependente do Centro Nacional de 1º e 2º grao de Celanova, e…

A antiga Ponte de Pedra.

A foto destacada que acompaña o artigo é dunha colección de cromos que regalaban  nas tabletas dunha marca de chocolate nos anos 20/30 do século pasado e chamada antigamente Ponte de Pedra, na denominada, naqueles tempos, estrada de Xinzo a Lucenza. Ponte  que foi arrasada  polos temporais de decembro do ano 1909. Na actualidade  é…

Historia da construción da igrexa nova de Xinzo de Limia (1908-1965).  

  Nos primeiros anos do século XX, existía na vila de Xinzo unha soa igrexa, que polas súas dimensións e disposición non daba cuberto as necesidades relixiosas da vila, cuxa poboación incrementárase considerablemente naqueles últimos anos. Considerándoo así o prelado,  ordenaron de iniciar a construción dun novo templo. Parece ser que o primeiro proxecto da…

Foto Brindes-Foto Mati: fotógrafos por accidente.

 Alá polo ano 1970, regresan da emigración en Suíza Matilde Gándara e seu home, Brindes Blanco Rodríguez. De alí a pouco, e case sen experiencia, instalan no comedor da súa casa, alugada na hoxe rúa do Toural, un estudio fotográfico co nome de Foto Brindes, para se dedicaren profesionalmente á fotografía. Aproveitan a escuridade do…

9 de agosto de 1936. Os asasinatos do concelleiro Cándido Fernández García e o agrario Cándido Gándara González de Sandiás.

O suceso máis recordado da represión en Xinzo prodúcese cando a Garda Civil e seis Falanxistas se presentan ás doce horas da noite do día 9 de agosto, no domicilio en Baronzás do concelleiro e tenente alcalde do Concello de Xinzo, o socialista Cándido Fernández García; milicianos armados con escopetas e pistolas sácano á forza.…

“O guitarrista limião EULOGIO GALLEGO MARTÍNEZ” (Ginzo de Límia, 02-09-1880 – ?)

A profesora e guitarrista Isabel Rei Samartím, recupera ao guitarrista limiao, cuxa historia escribe na súa tese doutoral. EULOGIO GALLEGO MARTÍNEZ (Ginzo de Límia, 02-09-1880 – ?) 1.- A família de Eulogio Gallego Martínez. A sua vila natal. O guitarrista Eulogio Gallego Martínez nasceu em Ginzo de Límia o dia 2 de setembro de 1880[1].…