OUTONO DE 1918: A EPIDEMIA DE GRIPE NOS CONCELLOS DE XINZO DE LIMIA E MOREIRAS.

O soldado estadounidense Mitchell, cociñeiro no Campamento  Funston, en  Kansas, ingresa na enfermería o 4 de marzo de 1918 con febre e unha forte dor de cabeza. Unha semana despois os enfermos eran incontables. Desde este campamento, onde enfermou o cociñeiro, chegaban soldados xa infectados á fronte francés da Primeira Guerra Mundial. Así foi como…

Cen anos de historia do Antela F.C. (1919-2019).

 Os comezos do fútbol en Xinzo de Limia (1919-1920). Aínda que de seguro se xogaba xa ao fútbol anteriormente, sen organización algunha, a historia oficial deste deporte en Xinzo de Limia nace dunha conversa de taberna entre amigos nos primeiros días do mes de xuño de 1919: o día 1º fanse os estatutos da fundación…

A TORRE DE PENA (Xinzo de Limia)

  Algúns historiadores datan no século XII a existencia da torre da Pena da Portela, e outros atribúen a súa construción aos suevos. Pero non será ata uns anos máis tarde en 1217, século XIII, que teñamos as primeiras novas coñecidas ate o de agora, do noso Castelo, cando o Rei Alfonso IX, decide entregar…

A fundación do convento do Bon Xesús de Trandeiras

  No ano 1523 fúndase o convento do Bon Xesús de Trandeiras, que dirixen os franciscanos chamados por Alonso de Piña115. Segundo un curioso documento estudado por Couceiro Freixomil, relativo ás orixes, fundación e primeiros tempos do convento do Bon Xesús de Trandeiras –un escrito anónimo dunha copia orixinal que se daba por existente na…

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (2ª parte).

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (2ª parte). A Primeira Guerra Carlista (1833-1840) (2ª parte). No mes de febreiro de 1839 fora detido o veciño de Xinzo José Quintas, na casa do alcalde de Porqueira, tendo no seu poder un fusil inglés. Tamén foi detido o veciño de Ganade Gregorio da Lama, por levar…

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (1ª parte).

Apuntes sobre as guerras carlistas na Limia (1ª parte).. As guerras carlistas foron unha serie de contendas civís que tiveron lugar en España ao longo do século XIX.  Entre os partidarios de Carlos María Isidro de Borbón e seus descendentes, e liberais e isabelinos partidarios do goberno da raíña Isabel II de España. Aínda que…