Hermandad Eclesiástica del Sagrado Corazón de Jesús de Ginzo de Limia.

No día primeiro de setembro do ano 1900, os párrocos, ecónomos, coadxutores, presbíteros e diáconos da Limia, constituíron a Hermandad Eclesiástica del Sagrado Corazón de Jesús de Ginzo de Limia, irmandade do clero que estableceu a súa sede na igrexa parroquial de Santa Mariña. A irmandade compúñase soamente de sacerdotes e ordenados in Sacris. Os irmáns debían pagar, ao ingresar, a cantidade de sesenta reais e catro de cota anual.

Todos os anos celebraba a Irmandade a festa do patrón, o Sagrado Corazón de Xesús na igrexa de Xinzo, no primeiro martes de setembro de cada ano celebrábase unha misa de aniversario por todos os irmáns defuntos. No día referido deberán todos os irmáns presentarse na indicada igrexa ás nove da mañá para asistir á procesión e a misa. O primeiro martes de setembro de cada ano celebrarase na mesma igrexa un Aniversario por todos os irmáns defuntos, a cal daba comezo ás nove da mañá, a dita hora debían estar presentes todos os membros da Irmandade. Concluído o aniversario celebrábase unha reunión da Irmandade. Dita sesión tiña como obxecto a renovación de cargos e oficios conforme o regulamento da Irmandade.

 Cando algún irmán caera enfermo, os dous curas máis próximos tiñan que visitalo, si estaba grave procuraban que recibira os Santos Sacramentos e fixera testamento. Tiñan que coidar de que non lle faltara nada para a súa asistencia corporal e, si non tivera medios, tiñan que informar ao Presidente quen sinalaba unha cota coa que tiña que contribuír cada irmán, para que con ela quedara atendido o irmán enfermo.

En caso de morte, debían auxilialo hasta que houbera expirado. Cando falecía tiñan que celebrar funerais no que debían estar presentes, na casa mortuoria, todos os irmáns que residiran en dúas leguas arredor, á hora sinalada polo Presidente, para asistir á condución do cadáver e a celebración das exequias funerarias.  Era multado con vinte reais o que non sendo parente ou cumpridor, entrara e comera, bebera ou tomara cousa algunha da casa do cura defunto. Baixo a mesma multa estaba prohibido aos irmáns facer o mesmo na casa do cura da igrexa, ou de calquera sacerdote adscrito, onde se celebrara algún acto da Irmandade.

Os irmáns tiñan a obriga de asistir persoalmente a todas as funcións da Irmandade, non tendo escusa grave. Aplicar por torno, comezando polos máis antigos e sen retribución algunha, as misas das funcións, previo aviso do Presidente, podendo valerse dun substituto que deberían pagar da súa conta. Tamén tiñan a obriga de aplicar tres misas por cada irmán que falecera, dentro dun mes que se contaba  desde a data que recibiran o aviso da defunción. Ademais dúas misas casa ano, nos días  que ao seu arbitrio elixira, para os fins da Irmandade unha e a outra para todos os irmáns defuntos.

Debían asistir aos actos e funcións da Irmandade con sotana, sobrepeliz e bonete. Estaba rigorosamente prohibido saír da igrexa durante as funcións sen causa xusta, falar, rir ou executar outras accións, que, si ben eran indiferentes noutro lugar, resultaban indecorosas na casa do Señor.[1]

Nota: O radio de actuación da Irmandade era toda a Limia coa excepción de Vilar de Barrio e unha parroquia de Ourense.

O regulamento da Irmandade, que consta de 21 cláusulas. Foi autorizada polo Bispo de Ourense con data: 20 de febreiro do ano 1901.  Está impreso na Imprenta de El Eco de Orense. Calle de Alba número 15, Ourense.

Os primeiros integrantes da Irmandade foron:

-Excmo. e Ilmo. Demetrio García, Canónigo Lectoral.

Párrocos, Ecónomos, Coadxutores, Presbíteros e Diáconos:

Andrés Suárez. Santa Eufemia del Centro.

Rafael Vázquez. San Pedro de Laroá.

Nicolas Campelo. Parada de Outeiro.

Juan Antonio Losada. Couso.

Cornelio Freiría. Sandianes.

Ladislao Joga. Chamusiños.

José Rodríguez. Sabucedo.

Gerónimo Gómez. Villa de Rey.

Ramón Fernández. Ganade.

José Pedro Rodríguez. Pena.

Lorenzo Vide. Sarreaus.

Urbano Romero. Cortegada.

Francisco Rodríguez. Nocelo da Pena.

Remigio Garrido. Escornabois.

José Antonio Vázquez. Perrelos.

Manuel Grande. Solveira.

Juan Antonio Prieto. Morgade.

José Álvarez. Abavides.

Bonifacio Carpintero. Trasmiras.

Gerardo Castro. Laroá.

José Rodríguez. Parada de Ribeira.

Ramón Álvarez. Mosteiro.

Ceferino Rodríguez. Lamas.

Jesús Estévez. Villar de Santos.

Angel Rodríguez. Villaseca.

Camilo Trigo. Guntín.

Antonio Bande. Damil.

Benito Abellás. Ginzo.

Fermín Rodríguez. Forja.

Delfín Martínez. Piñeira de Arcos.

Eduardo Gil. Piñeira Seca.

Serafín Rodríguez. Bresmaus.

Francisco Rodríguez. San Lorenzo.

Antonio Bahía. Ganade.

José Benito Pérez. Escornabois.

Julio Quelle. Ginzo.

Justiniano Domínguez. Ginzo.

Juan Rodríguez. Lamas.

Teodomiro Losada. Ganade.


[1] Biblioteca Nacional. Madrid. Sinatura VC/2727/95.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s