Estatuas sedentes de Xinzo de Limia

En toda a zona vella de Xinzo, téñense realizado numerosas catas arqueolóxicas, sobre todo a partir do achado dunha boa carrada de vestixios da época romana: Especialmente importante foi o achado de dúas estatuas sedentes achadas na finca Cortiñela na zona do Regueiro, que miden respectivamente, 0,68 e 0,71 Cm. de alto e 0,41 Cm. de ancho no torso,que foron depositadasno Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

As estatuas sedentes de Xinzo atopáronse descabezadas e sentadas nunha especie de cadeira, os dous personaxes levan brazaletes (viriae) nos brazos, os dunha son de dous aros e os da outra de tres, unha delas ten torques no pescozo, a outra debeuno de perder coa cabeza. Unha delas semella ter dous tarros nas mans. Ambos personaxes levan saio de escote triangular. Segundo X. Ferro Couselo as estatuas son romanas e a cadeira parece probalo, chega a dicir que son da época baixo romana, por terse atopado a beira delas cerámica deste mesmo tempo[1]. Pola contra Elixio Rivas opina que son célticas porque a roupa, xoias, saio, brazaletes e torques eran atributos celtas.

(Do meu libro: Historia de Xinzo de Limia).


[1] Ferro Couselo, X. 1972. P. 329 a 335.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s