A historia do Entroido de Xinzo necesita axuda dos veciños.

Hai case un ano que varios compoñentes da Asociación Cultural A Pantalla, me fixeron a petición de si podía escribirlles un libro sobre o noso Entroido. A petición chegou nun momento no que eu estaba traballando nun anterior encargo que me fixeran o director José Luis Tielas e o presidente Don Jaime Collazo, de que lles escribira algo para a Agrupación Musical da Limia, o que deu lugar a un libro que leva por título: Historia Musical de Xinzo de Limia.

Terminado con este compromiso e entregado para a súa próxima publicación, podo dedicar o meu tempo a traballar na historia do noso Entroido, traballo bastante adiantado e co que estou moi ilusionado.  De todos é coñecido que escribir de historia nesta vila e moi complicado, non existen arquivos aos que votar man para poder documentarse e facer un concienciudo traballo.

Na nosa vila, desde sempre, lévase mal o de gardar os papeis, fotografías, etc. que poden ter o interese das xeracións que nos sucedan. Ningunha institución local, asociación ou club, teñen arquivo da súa traxectoria e actividades ao longo dos anos da súa existencia.

E aquí o problema! Entón, onde podemos documentarnos para poder facer un traballo medianamente digno? A única posibilidade que nos queda é recorrendo a veciños e persoas particulares que, a través dos documentos, recortes de prensa, coplas, cancións de Entroido, testamentos, pregóns e fotos familiares, que moitos atesouran na casa, pódese tratar de remediar esa falta de arquivos.

Pero atopámonos con outro problema, algúns son remisos a facilitar ese valioso material para min -hainos tamén xenerosos-, a pesar das garantías de devolución, xa que unha vez escaneado ou fotocopiado lles sería devolto axiña nas mesmas condicións. Material que as veces ten como fatal destino, como xa teño comprobado, moitos herdeiros terminan por tiralo ao lixo. Pero tede por seguro que o que quede impreso no libro permanecerá no tempo.

Por iso recorremos a ti, para que nos votes unha man e nos facilites o que teñas e o que vexas que pode ser de interese para o libro. Tamén queremos incluír nel o antigo Entroido das aldeas do noso concello, faltan historias de: Folgoso, Pena, Morgade, Piñeira Seca, Parada de Ribeira, Ribeira, Gorgoloza, Mosteiro de Ribeira, Ganade, Moreiras,  Seoane, Faramontaos, Paredes, San Pedro de Laroá, etc. Anímate, pregunta aos veciños máis vellos e escríbenos cos datos aos correos abaixo indicados.

Podes porte en contacto comigo a través do correo: historiadexinzo@gmail.com ou polo privado no meu facebook. Tamén directamente a Luis Fariñas, Suso Fariñas, Janira ou polo correo electrónico da Asociación Cultural A Pantalla: asociacionapantalla@gmail.com

Quedamos a espera da xenerosidade dos veciños e dos entroideiros limiaos. Miro Martínez Cerredelo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s