Lembranzas de Manolo Viso.

 

Perroflauta

A miña amizade con Manolo e a súa familia ven de lonxe. Alá polos anos 1963/1964, coa Gran Taberna recen inaugurada, a familia Viso, residentes en Bilbao, viñan pasar as vacacións a súa aldea de Baronzás. Todos os días visitaban o noso bar para degustar as apetitosas tapas que facía a miña nai. Contarei unha pequena historia de cousas que pasaron e que a miña muller e fillos descoñecen, xa que nunca llas contei.

Portuguesa

Pouco tempo despois, logo dun desencontro coa miña nai, a pesar de ser menor de idade, fixen as maletas e marchei da casa, no Auto Industrial cheguei a Ourense, acerqueime a Guardesa no barrio da Ponte, coa intención de atopar algún dos moitos camioneiros que coñecía de comer na nosa casa e que me levaran a Vigo. En Vigo estiven cargando caixas de conservas nos camións, acordeime da familia Viso pensando que en Bilbao sería máis fácil conseguir un traballo. Conseguín que uns camioneiros que ían a San Sebastián me levara.

nena de primaria con chupete e xoguete

Saímos de Vigo de madrugada, o camión era un Pegaso que só tiña dous asentos para os condutores, tiven que ir sentado sobre o motor que o levaba no interior. Chegamos a San Sebastián ao día seguinte de madrugada. Desde alí e  no tren do FEVE a Bilbao. Se mal non recordo a dirección da familia era Calle Iturriaga nº 1-2º C. Casas de Iberduero. Barrio de Santuchu. Bilbao. Debía ter moi mala pinta, non durmira en toda a noite que cando petei na porta e me viron alegráronse e recibíronme como se fose da familia. Coñecedores da miña aventura non me deixaron buscar aloxamento.  Estiven varios días na súa casa nos que me ensinaron Bilbao e pola noitiña íamos a tomar viños polas Sete Calles, zona de viños no barrio vello, nuns chatos típicos da zona, alí vin por primeira vez pelexos de pel no que transportaban o viño da Rioxa. O pai Pepe, socio e forofo do Athletic  de Bilbao, levoume orgulloso ao bar na sede do club. Lembro nas Sete Calles que vin o primeiro moro da miña vida, facendo pinchos morunos na rúa, auténticos e feitos con carne de cordeiro como debe ser.

de esmolante

Sen que eu o soubera xa se puxeran en contacto cos meus pais para tranquilizalos e coñeceran onde estaba, actuaron de intermediarios e pouco a pouco convencéronme para que volvera a casa que todo se solucionaría.

faquir con frauta e cobra

A partir dese momento non esquecín nunca o cariñoso comportamento que tivo toda a familia comigo. Os pais José Viso e Magdalena Rodríguez, unha muller cariñosa e excepcional, os fillos Manolo, Pepe, Julio, Carmen, Isabel e o máis pequeno Iñaki. De todos teño un gran recordo. Estiven escribíndome moito tempo con Manolo e Carmen. Cando recibín a invitación para a primeira voda de Manolo,  pouco tempo despois, escribinlle unha simpática carta de humor en contra do matrimonio, algo que non lle debeu gustar nada a noiva que non me recibiu con moi boa cara. Unha odisea daqueles o viaxe en tren ata Bilbao para asistir a voda, non sei se foron dous ou tres transbordos, cargado co regalo, unha pesada “olla express” que mercara en Xinzo.

de cor con saxo

Nos anos 80 os pais de Manolo, xa xubilados regresaron a Baronzás. Durante a miña vida laboral sempre gardei unha semana das miñas vacacións para pasalas en Xinzo. Sempre ía a Baronzás e lles facía unha visita. Tanto a min como a miña dona encantábanos a nai Magdalena, unha gran muller, doce e alegre que nos recibía con moito cariño. Lamentablemente deixounos moi prematuramente con apenas 66 anos.

King África

A Manolo recupereille a pista cando veu traballar a presa de San Pedro de Sil nos Peares. Tiña unha tía en Ourense da que creo  era veciña Finuca a súa actual compañeira de vida, que cando se xubilou mercoulle a casa paterna aos irmáns e viñeron vivir a Baronzás alá polo ano 1998. Colaborou coa veciñanza sendo moitos anos, ata o seu pasamento, pedáneo da aldea.

Lembro que Manolo cando viña de espectador ao Entroido de Xinzo, e me encontraba disfrazado, sempre se burlaba e metíase comigo. Anos despois, veciño xa de Baronzás, comezou a participar cos  Rémoras no Entroido e xa lle entrou o gusanillo con moita forza, posteriormente por libre creou unha serie de personaxes que interpretaba con mestría e que eran e son un clásico e un referente do noso Entroido.

nun desfile de negro con maracas

Manolo participaba con gran pasión nos Estroidos da nosa vila. Os seus disfraces xa son un clásico da festa.  Entre eles o Perroflauta, moi logrado, cun can Dálma de peluche incluído, un dos que máis utilizaba, tamén o de portuguesa co traxe tradicional; de nena de primeria con chupete; de vella coas roupas da aldea; de pobre sentado nunha esquina pedindo esmola; de artista de cor tocando o saxo e outras veces coas maracas ou cun trombón como se viñera de Nueva Orleáns; de faquir árabe tocando a frauta coa cobra saíndo do cesto, ou o logrado disfrace do cantante King África. Tamén participaba no desfile e colgamento do Meco cun traxe rexional vasco e a súa sempre imprescindible presenza vestido de Bispo, cun ouriñal e a escoba do váter dando a bendición, no enterro da Sardiña.

Coa Charanga Trompafós nun desfile

A pesar dos seus problemas de saúde, participou novamente no Entroido deste ano. Manolo sempre comentaba que: “a min o día que me falte o Entroido… que Deus me leve”.

De vasco no colgamento do Meco

Bispo no enterro da Sardiña

Bispo de Baronzás

Tamén participaba desde o comezo na Festa do Esquecemento, na que durante varios anos representou ao Décimo Junio Bruto no paso do río do esquecemento.

Décimo Junio Bruto desfilando coas lexións

Con Mª José no Esquecemento

Creo sinceramente que Manolo foi feliz, en compañía da súa querida Finuca, e pasou seguramente os mellores anos da súa vida nas terras da Limia.

No te esqueceremos amigo Manolo e sempre permanecerás na nosa memoria.

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s