Portas de madeira en Xinzo de Limia.

 

Unha porta (do latín porta), ás veces tamén denominado un portal cando se trata dunha porta principal nalgún sentido (por exemplo, porta que comunica unha construción co exterior), é un elemento de complemento en construción con moi diversas aplicacións, usos e emprazamentos, que industrialmente se fabrica en materiais básicos (madeira, aluminio, vidro, plástico).

Dispón de varios tipos de ferraxes metálicos do tipo bisagra e pode ter fechaduras, cadeados, ferrollos e escorregóns complementarios.

A definición de porta no dicionario da Real Academia Galega dinos: Abertura feita nunha parede, moble, cerca etc., para permitir o acceso. Peza que cerra esa abertura, especificamente a parte de abaixo naquelas que teñen dúas follas.

Frases e expresións con porta: A porta cerrada. Bater a todas as portas. Deixar unha porta aberta. De portas a fóra. Fechárselle as portas (a alguén). Pola porta de atrás. Pola porta grande. Ás portas da morte. A porta pechada. Pechar alguén a porta. Dar a alguén coa porta nos narices. De portas abertas. De portas dentro. De portas fóra. Botar as portas abaixo. Poñer portas ao campo, Pola porta grande. Poñer a alguén na porta da rúa.

Sempre tiven admiración polas fermosas portas de madeira que ebanistas e carpinteiros de Xinzo construíron ao longo dos anos para os portais de numerosas casas da vila. Fermosas portas artesás, construídas con mimo e moito agarimo para lucir en excelentes casas construídas por habilidosos canteiros da Limia.

Na actualidade inda existen na vila: Portas fermosas. Portas coidadas. Portas rehabilitadas. Portas esquecidas e abandonadas. Portas remendadas. Portas ruinosas. Portar recuperables. Portas dunha ou dúas follas. Portas holandesas ou de cortello (aquelas divididas horizontalmente en dúas seccións que se poden operar independentemente, mantendo pechada a metade inferior mentres se mantén aberta a metade superior), etc.

Estes son os distintos e numerosos tipos de portas que podemos observar nas rúas da nosa vila e das que se mostran nas fotografías que se acompañan. O declive das portas de madeira sucede a partir dos anos 60 coa substitución por portas de ferro primeiro e posteriormente por portas de aluminio. A vantaxe de non necesitar practicamente mantemento e a longa duración, ocasionaron a retirada e despezamento de infinidade de fermosas portas de madeira, que acabaron maiormente sendo pasto do lume. É de agradecer que algúns propietarios, con moita sensibilidade polo patrimonio, se esforcen en manter en boas condicións as fermosas portas dos edificios que herdaron dos seus antepasados.

Debía existir algún tipo de ordenanza municipal ou lei que obrigara a conservalas e mantelas en condicións.

FOTOS: Feitas co meu móbil.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s