O maquis na Limia: Queima da casa de Epifanio Feijoo en Sabucedo (Porqueira) e a reitoral de Couso de Salas (Muiños).

No mes de febreiro de 1949, unha parte dos guerrilleiros da II Agrupación, atópase en Quintás de Sabucedo (Porqueira) resgardándose na casa de Epifanio Feijoo Gándara[1], permanecendo no lugar uns catro días ata que foron descubertos pola Garda Civil que tentou de cercalos. Un cura a cabalo que pasaba pola zona, animou os gardas a queimar a casa con eles dentro e matalos, os guerrilleiros, conseguiron romper discretamente o cerco e a forza, pensando que estaban no interior, prendeulle lume á casa. De resultas deste suceso a Garda Civil procede á detención dos propietarios da casa, polo delito de “enlace con atracadores”, e colaboradores da guerrilla Epifanio Feijoo Gándara e a súa dona Teresa Losada Gándara, aos veciños, Antonio Gómez Gómez, de 56 anos, viúvo, Acacio Luís Piñeiro e a súa dona María Cid Vilar e máis ó seu fillo de 18 anos Xosé Piñeiro Cid, que foron ingresados no cárcere de Ourense con data 16 de febreiro[2].

Os guerrilleiros fuxidos de Sabucedo sabendo que o cura que animara a queimar a casa era o de Couso de Salas decidiron vingarse. A partida diríxese cara a Couso de Salas, ata os destros do cura, onde chegaron o día 22 sobre as seis do serán, retiveron ao párroco Félix X. Casanova Rodríguez, con residencia en Calvelo (Muiños)[3], esixíndolle o pago das cincuenta mil pesetas pedidas no atraco anterior. Como non as tiña rexístrano, quitándolle mil oitocentas pesetas, e recollen da reitoral: un xamón, touciño, sete ducias de chourizos, dous pans e viño, indicando que lle ían queimar a casa. Os guerrilleiros tocaron as campás da igrexa e reuniron aos veciños aos que lle explicaron porqué a queimaban, para non comprometelos, obrigaron ao cura e algúns traballadores de fóra da aldea que estaban nos arredores a meter dentro leña e palla, permitíndolle á criada a retirada dalgúns útiles, prendéndolle lume en vinganza pola queima da casa de Epifanio Feijoo; e tamén por non pagar a cantidade de cartos que lle esixiran anteriormente. No lume arderon os arquivos parroquiais de Couso de Salas e Golpellás. Os guerrilleiros estaban ao mando de Xoán Sorga que ía armado cun subfusil e unha pistola e outro nomeado por “Marías” (Xosé María Saavedra?), tamén con pistola e outros tres guerrilleiros máis, todos armados segundo as testemuñas e algúns levaban correaxes negros con cartucheiras[4].

Xuicio contra os detidos en Sabucedo: 

Epifanio Feijoo Gándara, a súa muller Teresa Losada Gándara, Antonio Gómez Gómez “O Parolante”, Acacio Luís Piñeiro “O serranchín portugués”, a súa muller, María Cid Vidal e o seu fillo Xosé Piñeiro Cid, veciños de Quintas de Sabucedo (Porqueira). Causa militar nº 62/1949. Ingresaron na prisión provincial de Ourense con data 16 de febreiro de 1949, como cómplices e encubridores da partida de guerrilleiros capitaneada por Saúl Mayo Méndez “Pelayo”. Dita partida de guerrilleiros acudiu varias veces aos domicilios de Epifanio e Acacio en Quintás de Sabucedo en demanda de comida e albergue. Os días que permanecían nas casas pagaban en compensación aos propietarios 25 pesetas por guerrilleiro o que era un modo de subsistencia dalgúns paisanos. Neste caso concreto, na primeira visita fixeron o pago, na segunda soamente 100 pesetas e na terceira non abonaron cantidade algunha.

Son acusados de: “(…) Que dichos sujetos han auxiliado a la partida de Bandoleros capitaneados por Saúl Mayo Méndez, ya que desde mediados de octubre a 20 de noviembre de 1948 (…) estuvieron albergados los forajidos en los domicilios de Acacio Luis Piñeiro y de Epifanio Feijoo Gándara, y principalmente en la de éste último, facilitándoles toda clase de auxilios y sin dar cuenta a las autoridades (…). Os acusados negan ante o Xuíz as declaracións que figuran nos atestados da Garda Civil aínda que recoñecen ás súas firmas nos mesmos. Celebrado o consello de guerra, o tribunal falla: “Que debemos condenar y condenamos a Epifanio Feijoo Gándara, Acacio Luis Piñeiro y Antonio Gómez Gómez, como autores del delito de auxilio a malhechores a sendas penas de seis meses y un día de prisión menor, con las accesorias de suspensión de cargo público, profesión ú oficio y derecho de sufragio durante la condena (…) Así mismo el Consejo Falla, que debemos absolver y absolvemos a los procesados José Piñeiro Cid, menor de edad, Teresa Losada Gándara y María Cid Vidal, del delito por el que habían sido procesados (…)[5]Do meu ñibro:< Historia e memoria. A LIMIA: 1931-1953>.

[1] Epifanio Feijoo Gándara, 70 anos e, a súa dona Teresa Losada Gándara, 48 anos, foron detidos pola Garda Civil, na primeira detención masiva de colaboradores da guerrilla, consta, o ingreso dos dous no cárcere de Ourense o día 16.02.49, en compañía doutras catro persoas.

[2] AHPO. Fondo de Prisiones. Libro de entradas nº 10.269.

[3] Nalgúns documentos figura como Couso de Calvelo (Bande).

[4] AMIRMN. Causa militar nº 77/49.

[5] AMIRMN. Causa militar nº 62/49.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s