Matadero General de la Limia. Matadero Frigorífico Rubio.

Foto de propietarios e persoal do matadoiro

En xullo de 1943, presenta instancia no Concello de Xinzo Xosé Martínez Rodríguez, veciño de Ourense, en nome de Xosé Marques Buñet, veciño de Valencia, quen manifesta que desexa trasladar a esta vila a fábrica de embutidos e secadoiro que ten instalada na aldea de Tabernes Blanques na provincia de Valencia e construíla no interior da finca da súa propiedade, adquirida ós herdeiros de Andrés Vecino. A finca estaba situada na marxe esquerda da estrada de Vilacastín a Vigo, suplicando autorización para poder instalar a mencionada industria; autorización que lle é concedida. Daría orixe ao posteriormente coñecido como Matadoiro Frigorífico “Rubio”.

No ano 1953 funcionaba a pleno rendemento en Xinzo o Matadero General de la Limia, que fora inaugurado nos anos 40, que debeu ser a maior industria da vila en canto ao número de empregados. A media mensual de gando sacrificado era de 300 vacas e 900 tenreiros, que unha vez despezadas e preparadas saian en camións climatizados para os mercados de Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza e Bilbao; en cada expedición ían 6.500 quilos de carne.

Por aquel entón nas feiras mercábase o quilo de vaca en bruto a 22 pesetas e o de tenreira a 31. O matadoiro tiña tamén unha produción de sebo, aproveitamento das tripas, e os cornos eran remitidos cada certo tempo en partidas de mil quilos ás fábricas de peites, botóns e outros artigos.

Persoal do matadoiro

Na actualidade segue funcionando creo que con outros propietarios, pero sen alcanzar a produción dos anos 50/60/70 do século pasado. Outras industrias da vila naqueles anos eran: a fabrica de fariñas “La Antelana”, Feculera de Ginzo, S.L, Feculeras Españolas S.A., a Productora de patata de siembra (Propasi) e  Mantequerias Anduriña.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s