JOSÉ SANTIAGO TABOADA

 

Nado en Xinzo ás seis da mañá do día 6 de setembro do ano 1884, seus pais eran Matías Santiago Román, natural de Villar de Ciervos (Zamora) e Rosa Taboada Gómez, comerciantes e domiciliados na rúa San Roque.

Foi un inquieto editor e escritor, pois a comezos de século fundou na vila de Xinzo os xornais manuscritos, mordaces e satíricos contra certos costumes locais, “El Duende”, do que só temos referencias por Antonio Nieto. Tivo tamén unha fábrica de chocolates coa marca “IRIS” que se anunciaba na prensa o ano 1909, recoñezo que descoñecía esta faceta de Pepe Santiago a pesares de ter del moitas referencias.Foi director e propietario, cando tiña 24 anos, do xornal “El Eco Antelano” de Xinzo da Lima, durante a súa publicación nos anos 1911 e 1912, o primeiro xornal impreso na vila. Despois sucedeuno “El Látigo”, con igual agudeza e ironía, que facía en compañía de Manuel Conde Carballo, Luís Sa Puga e Senén Saa Puga e foi, ademais, o autor das caricaturas a prumiña que se publicaban nos ditos xornais.

 

Ao mesmo tempo, foi redactor do xornal El Miño de Ourense (1911-1913). Escribe tamén nos xornais “El Eco de Orense”, que dirixía Lamas Carvajal, con quen o unía unha grande amizade; no Nova Galicia, de Bos Aires e en “La Unión de Bagado”, ambos da República Arxentina.

Colaborou tamén cos xornais de Verín, “El Támega” e o “Heraldo de Verín”; e de Ribadavia, co “El Noticiero del Avia”, cos que mantiña intercambio; e con outro xornal de Rianxo, que dirixía Alfonso Castelao.

Foi secretario interino do concello de Rairíz de Veiga desde o día 19.07.1919 ata o día 27.08.1921. Secretario do mesmo concello, en propiedade, desde o 28.08.1921 ata o día 12.11.1925. No concello de Laza foi secretario interino desde o día 13.11.1925 ata o día 4.01.1926 que pasa a ser en propiedade ata o 13.07.1945.

Desde o día 14.07.1945 ata o día da súa xubilación o 07.09.1954, desempeña o cargo de Secretario do Concello de Xinzo. Faleceu en Xinzo o día 4 de xaneiro de 1969 á idade de 84 anos.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s