Modesto Montero, o construtor promotor que fixo crecer Xinzo ao ancho.

 

Modesto Montero, o construtor promotor que fixo crecer Xinzo ao ancho, propiciando a expansión urbana da vila.

Publico esta pequena biografía para que os veciños da vila e concello de Xinzo coñezan a obra do construtor promotor, Modesto Montero Colmenero, que naceu hai 87 anos na pequena aldea de Santa Baia de Chamosiños do Concello de Trasmiras. É o maior de 11 irmáns dunha familia humilde. A precaria situación familiar obrigou a Modesto, con 12 anos, a abandonar o seu pobo e trasladarse a un colexio de San Juan de Deus en Madrid, onde recibiu unha formación básica. Xa na súa mocidade, empezou a traballar en Dragados e Construcións, inicialmente en Andalucía para posteriormente trasladarse a Galicia onde participou na construción dos saltos do río Sil (Santo Estevo, Bao,etc.). Na década dos 60 casou coa mestra Rosario Ferro, con quen tivo cinco fillos. A súa carreira profesional como autónomo comezou en Xinzo nos anos 60 e terminou no ano 2001 en Nigrán, os seus edificios sempre foron recoñecidos pola súa estética e calidade.

Non hai hoxe ninguén con máis merecemento de recibir unha homenaxe por parte do concello de Xinzo de Limia. Non foi un promotor ou construtor que fixo e vendeu simples edificios en rúas xa existentes:

Urbanizou e abriu pola súa conta máis rúas novas, entre os anos 60 a 90, en Xinzo que en toda a historia da nosa vila, fixo crecer Xinzo ao ancho cando só crecía polas vellas estradas. Primeiramente abriu na avenida de Madrid a rúa Vicente Risco, en terreos da súa propiedade, e posteriormente as rúas Celso Emilio Ferreiro e Álvaro Cunqueiro, ambas as dúas con saída á rúa San Sebastián.

Abriu, urbanizou e construíu edificios, a Torre foi o primeiro edificio de Xinzo con ascensor, nas rúas Otero Pedraio e a Praza da Torre, tamén en terreos da súa propiedade, cedendo o terreo dun solar para dar saída á avenida de Madrid. Non conseguiu, a pesar de tentalo en numerosas ocasións, polas reticencias e desconfianza dos propietarios que se negaron a vender ou participar, dar saída a dita rúa e praza á rúa Curros Enríquez e San Sebastián.

A mediados dos anos 70 Xinzo dotouse dunhas Normas Subsidiarias de Edificación, ordenando as novas construcións na vila, creando varios polígonos de Reserva Urbana. Na zona do río creáronse o polígono 1, 2 e 3. Modesto cunha boa visión comercial e de futuro da vila, mercou e, urbanizou en terreos da súa propiedade, pola súa conta, todo o Polígono 2 e posteriormente o Polígono 1, onde construíu a maioría das edificacións hoxe existentes nas rúas Río Miño, Salas, Arnoya, Támega, Limia, etc., tamén os parque ou xardíns dos polígonos 2 e do polígono 1. A pesar de todo non se fixo rico, xa que construía con moita calidade e vendía a prezo moi axustado, vivindo hoxe modestamente no concello de Nigrán.

Resalto que das urbanizacións que construíu, o Concello de Xinzo, foi beneficiario, aparte de moitas rúas perfectamente urbanizadas e da Praza da Torre, de varias parcelas entre elas onde está construída a gardería infantil a Galiña Azul, o Centro Social, as vivendas sociais do polígono 2 e o cuartel da Garda Civil. Ademais dos parques e xardíns dos polígonos 1 e 2. Tamén resultou moi beneficiada e revalorizada a masa comunal que o concello posuía na Ladeira. Beneficiando tamén aos numerosos propietarios desta rúa, ata entón un camiño de servidume. Dito empresario deu traballo durante moitos anos a numerosas familias da Limia e beneficiou ao numeroso comercio da vila.

Nas miñas propostas de homenaxe, entreguei 11 folios firmados por numerosas persoas, entre elas as de dous ex alcaldes do concello de Xinzo de Limia: Don Isaac Vila e Don José Antonio Feijoo, que considerando os méritos acadados por don Modesto Montero Colmenero, apoian a solicitude de dito homenaxe.

Por todos estes e outros méritos propuxen, ao Alcalde e a Corporación Municipal que, previos os trámites regulamentarios, tiveran a ben declarar a Don Modesto Montero Colmenero, fillo adoptivo de Xinzo e lle dedicaran unha rúa ou praza preferentemente das zonas que el urbanizou.

Dada a avanzada idade do Sr. Montero, sería necesaria unha axilización da miña proposta de homenaxe, iniciada por min en Decembro de 2017, o que considero é de xustiza.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s