OUTONO DE 1918: A EPIDEMIA DE GRIPE NOS CONCELLOS DE XINZO DE LIMIA E MOREIRAS.

O soldado estadounidense Mitchell, cociñeiro no Campamento  Funston, en  Kansas, ingresa na enfermería o 4 de marzo de 1918 con febre e unha forte dor de cabeza. Unha semana despois os enfermos eran incontables. Desde este campamento, onde enfermou o cociñeiro, chegaban soldados xa infectados á fronte francés da Primeira Guerra Mundial. Así foi como a peste desembarcou en Europa. En abril, a gripe xa producía estragos nas trincheiras de Europa Occidental. Chega a España probablemente en tren, desde Francia, de onde regresaban xornaleiros españois e portugueses que suplían a falta de man de obra no país veciño debido á guerra. Aínda que o primeiro falecido español está datado oficialmente no mes de maio en Madrid. Polo simple feito de que en España, país neutral, falábase abertamente da enfermidade sen censura algunha, denominóuselle inxustamente “gripe española”, créndose que era un problema do noso país. Así que, ademais de infectarse un 40% da poboación e acabar coa vida de preto de 300.000 españois, ao noso país quedoulle o sambenito de dar nome a unha das pragas máis mortíferas xamais padecida pola Humanidade.[1]

A pandemia gripal irrompe en España na primavera de 1918, procedente de Europa, con varios momentos álxidos nos meses seguintes e principios do ano 1919. Un dos períodos máis graves vai ser o do outono e inverno de 1918. En Ourense, a epidemia alcanza de cheo á capital no outono de 1918, e obrigará a medidas Dita epidemia produciu en 1918 o crecemento vexetativo da poboación mais baixo en toda a primeira metade do século  XX en Ourense (incluíndo os anos da guerra civil e a posguerra). Houbo 16.412 mortos en 1918, do dobre da media dos 5 anos previos ou os cinco posteriores (INE, 1956). A epidemia deixou vinte millóns de vítimas no mundo. Para os labores de desinfección, utilizábase cal e  sulfato de cobre, a máis diso outras intervencións (xofre, creolite, zotal). A epidemia gripal adquiriu carácteres alarmantes pola falta de medios sanitarios en moitas localidades da provincia. Na Rexión, dábase conta diaria da situación en moitas das vilas e concellos.[2]

Por orde do gobernador de Ourense suspendeuse a feira mensual de setembro e as visitas a cemiterios e celebracións do día de Defuntos de 1918. Prohibiu tamén visitas ás casas onde se producisen defuncións. Noutras vilas, tampouco fixeron soar as campás “para non asustar” aos veciños. Entre agosto de 1918 e abril de 1919, morreron 144,9 persoas por cada 10.000 habitantes na provincia por mor da gripe. Datos do primeiro estudo por provincias da influencia da peste que se publicou en 2014 na revista BMC Infectious Diseases.[3]

A pandemia faise notar nos concellos de Xinzo e Moreiras  no outono dese ano. As autoridades de Xinzo, informan, o día 8 de outubro, de que non hai casos de gripe inda que por prevención pecharon as escolas[4]. O primeiro falecido en Xinzo foi o día 16 dese mes, o mozo Francisco Vidal Gallego de 22 anos de idade. En Moreiras a primeira vítima foi o día 6 de novembro, a moza Carolina Colmenero Pérez de 28 anos de idade. A epidemia nos dous concellos dura ata a primavera de 1919. A gripe atacou con especial virulencia os meses de outubro, novembro e decembro de 1918.

O concello de Xinzo contaba en 1918 con aproximadamente 7.000 habitantes, e o concello de Moreiras calculo que sobre 1.100/1.200 habitantes. O ano da fusión co concello de Xinzo, en 1927, tiña 1.460 habitantes. A pandemia golpeou duramente o concello de Moreiras xa que con moita menos poboación que Xinzo morreron 56 persoas, case tantas como no concello de Xinzo, no que faleceron 60 veciños. A pandemia afectou especialmente ás persoas menores de 50 anos.

Para loitar contra a pandemia en Xinzo había daquelas sete médicos, Leopoldo Álvarez, Teodoro Colmenero, Matías González, Eladio Izquierdo (Oculista), Lorenzo Mathé, Emilio Nuñez e Marcial Velasco, contaba Xinzo tamén con tres farmacias, Vda. de Arturo Álvarez, Constantino Elices e Manuel Saa. Non puiden obter información, pero posiblemente no concello de Moreiras non había nin médico nin farmacia.

O médico de Xinzo, Leopoldo Álvarez, tivo unha importante e destacada labor humanitaria durante a pandemia. O concello, elixido democraticamente durante a República nos anos 30 do século pasado, tomou o acordo de, en virtude dos seus méritos, dedicarlle a rúa que ata entón se chamaba Estrella. A rúa Leopoldo Álvarez parte da actual Avda. de Madrid, esquina a Praza Maior, e remata na entrada do adro da igrexa parroquial de Santa Mariña (Igrexa vella).

No ano 1919 apenas si hai falecementos, as últimas vítimas morren nos meses de marzo e abril.

DATOS ESTADÍSTICOS DA PANDEMIA DE GRIPE NOS DOUS CONCELLOS. 

(Datos recollidos dos libros de defuntos do Rexistro Cilvil de Xinzo e Moreiras)

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA. Número de falecidos por poboacións.

XINZO BARONZÁS BOADO GANADE GUDES LAMAS MORGADE
21 2 3 5 2 7 4

 

MOSTEIRO PARADA PENA PIDRE PIÑEIRA SECA SOLVEIRA TRANDEIRAS
1 6 3 1 1 2 2

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA. Número de falecidos por idades:

>1 ano >5 anos >10 anos >25 anos >50 anos >70 anos <71 anos
12 11 6 10 11 6 3

CONCELLO DE MOREIRAS. Número de falecidos por poboacións.

Moreiras Faramontaus Fiestras Gudín Laroá Novás Paredes Rebordechá S.Pedro Seoane
2 4 9 10 4 11 3 3 9 1

CONCELLO DE MOREIRAS. Número de falecidos por idades.

>1 año >5 años >10 años >25 años >50 años >70 años <71 años
6 6 1 11 17 12 3

 

[1] https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2018/10/03/e45-se-cumplen-100-anos-de-la-peor-peste-de-todos-los-tiempos-la-mal-denominada-gripe-espanola-de-1918-en-parderrubias-por-juan-carlos-sierra-freire/

[2] (SIMON, D. 2001: MINIUS, “La epidemia gripal de 1918 en Ourense”. Minius (Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo), 2001, IX, p.85-96 (ISSN 1131-5989).

[3] El Mal que calló las campanas. La Región 04/11/2018.

[4] la Región.08-10.1918

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s