O río Limia: o río do esquecemento.

 

Autor da foto, 4º Conde d’Aurora. Ponte de Lima. Ano 1962

Escribía Carlos Casares en castelán que: Limia en principio es un hidrónimo, esto es: un nombre de río. Después paso a ser un topónimo (=nombre de lugar) y un andrónimo (=nombre de persona, apellido) […] Limia sabemos que pertenece a una familia de hidrónimos bien representada en Europa y que procede de una raíz indoeuropea “lei” que significa “fluir, verter”, palabra que alude a un río, el Limia, en nuestro caso y que está indudablemente emparentado con el latín “limus”, “barro”, y con el griego “limen”, “charco”. Según esta etimología, el origen de la palabra Limia se pierde en los más oscuros tiempos de la historia”.[1]

Lavandeiras no río de Xinzo (zona Barreiros) ano 1957. Foto Ramón Dimas.

Marcelo Macías no seu libro Civitas Limicorum refírese ao río Limia, que discorre por toda a bisbarra, escribindo: “Tuvo este río en la antigüedad diversos nombres. Strabón, tratando de los ríos de este región, dice: Después de estos el Lethes, al cual unos llaman Limeo y otros Belión (Lib. III, Cáp. 3); y Plinio le llama Limæ, añadiendo con Pomponio Mela, que era conocido también con el sobrenombre de Flumen Oblivionis, río del olvido” (Tito Livio)”.[2]

Ponte da estrada de Baltar. Anos 50/60

Río ao que Plinio chamáballe con verbas latinas, o río do esquecemento: Oblivionis antiquis dictus (Plin. Nat. Histo. IV, 115). Isto repítese en Ptolomeo (II, 6, 43), nos itinerarios romanos (Itin, ant., 29, 6), en Ravenate (Rav., 307, 15); e en Salustio, Tito Livio, Silio Itálico etc.[3] O río que daba nome aos limici na súa cabeceira tivo moita influencia nas súas xentes ao longo da historia, e conta con numerosos restos da presenza romana nas terras que baña no seu percorrido polas terras da Limia e de Portugal.

Antiga ponte da estrada de Lamas.

Escribe Manuel D. Sanjurjo que: “Aún al río Limia, que es término meridional de los pueblos de Orense, atribuye Silio Itálico el llevar arenas de oro, cuando dice: Quique super Gravios lucentes volvit arenas, infernæ populis referens oblivia Lethes”.[4]

O río ao seu paso polo Toural nunha chea dos anos 50/60

Estrabón (baseándose en Poseidonios) relata a primeira lenda referida á Limia, que fala da emigración dos túrdulos (tourdoúloi), que, ao pasaren o río após a morte do seu cabedel, non souberon regresar á súa patria. De aí vén a lenda do río do esquecemento ao redor do río Limia.[5]

O río na zona de baño das Riscas.

O P. Enrique Flórez escribiu que: “Entre los nombres que los Autores aplican a este río, llamándole Limia, Lethes u Oblivionis, y Belon, sólo el primero dio nombre a los habitadores de los márgenes, intitulados Límicos por el río: y acaso es voz originada de los griegos, que llaman Limne a la laguna, o agua estancada, y es tema muy oportuno por nacer en un lago […] y por tanto era muy propio para que los griegos le llamasen Limma, y luego pasase a Limia, Limeus, Limæa. No falta quien pretenda corregir el nombre de Limia en Letbia, pues antes de intitularse del Olvido debía tener nombre, y este es el que los latinos Mela y Plinio usan de Limia. Los griegos proponen el de Lethes, esto es, del Olvido, lo mismo que entre los latinos Oblivionis: y es algo verosímil el pensamiento de Xilandro sobre que el nombre de Belion aplicado a este río en el texto griego de Strabón (omitido en la versión latina) es lo mismo que Oblivio: pues no hallándose jamás mencionado el de Belion y aludiendo esta voz a la de Oblivio, parece que el geógrafo después del nombre de Lethes, quiso añadir los dos nombres de Limæa y Oblivionis, con que le nombran los latinos”.[6]

A ponte do Cabo ou ponte vella derruida nos anos 60/70.

O río Limia nace na serra de San Mamede, concello de Sarreaus, a partir da unión dos regatos de Valdelobos e Sas de Pedroso e dos ríos Lodoselo e Freixo. Constitúe a columna vertebral da comarca da Limia, atravesa o territorio cunha dirección leste-oeste-suroeste. A súa bacía ten 2.387 km2 de extensión. A metade do seu curso discorre polas terras da Limia e a outra metade por terras de Portugal ata desembocar no océano Atlántico, en Viana do Castelo, logo de percorrer unha lonxitude de 108 quilómetros. Na Limia Alta recibe as augas das serras que delimitan polo norte e polo sur a depresión antelá, as da Boullosa (Baltar) e as da vertente occidental da serra do Larouco. Os afluentes principais pola dereita son: o canal de desalagamento da antiga lagoa de Antela e o seu afluente o Lameiras (desalaga o concello de Vilar de Santos), e o Bidueiro, que escorre polo concello de Rairiz de Veiga. Pola esquerda: o Lodoselo e o Veiga, que proceden da parte meridional do concello de Sarreaus; o Trasmiras, que percorre o concello do mesmo nome; o Faramontaos (na Antigüidade, río Leboriz), que nace na Boullosa; o Nocelo (o río Airoá, Cobo ou Eiroa), que recolle as augas do concello de Blancos; os regatos de Ribeira e Grande, no concello de Xinzo; e o río Firvedo, que recolle augas de Calvos e Porqueira. A calidade chá do terreo confírelle pouca forza erosiva ao río, que vai avanzando devagar cara ao oeste ata Ponte Liñares, onde o brusco cambio de encosta orixina un val máis abrupto. O río continúa pola Baixa Limia adiante e penetra no país veciño. Río que, polas especiais características da chaira limiá, segundo escribe Riveiro Coello, é un “río que nace morto e morre vivo no océano Atlántico”. Na cidade de Viana do Castelo, en terras de Portugal. (Do meu libro Historia de Xinzo de Limia).

O río nunha chea ao seu paso pola ponte nova anos 60

[1] Programa das festas da Santa Mariña de Xinzo do ano 1967.

[2] Macías, M., cfr.: 14.

[3] Rivas, E., 1985, cfr.: 25.

[4] Cren algúns historiadores que S. Itálico confundiu o Limia co Sil ou co Miño, e que falou do Limia por ser máis famoso para os poetas, xa que era o fluvius oblivionis. (Sanjurjo, M. D., 1907, p. 190.)

[5] Rodríguez Gracia, V., p. 94.

[6] Flórez, E., 1763, tomo XV, cap. II, p. 36.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s