Coplas de cegos nas feiras de Xinzo.

Coplas de cegos nas feiras de Xinzo.

As feiras do 14 e 27 de cada mes eran o motor comercial da vila de Xinzo. Facíanse na Praza Maior, rúa de Lepanto, a praza dos ovos –hoxe Xoán XXIII-, praza do pescado –hoxe bispo Idacio–, rúa San Roque e o campo do Toural. Por ela andaban cortabulsas, trileiros, curandeiros. Tamén había cantares de cego e moitos mendigos.

Polos anos 40 e 50 do século pasado, dentro deste mundo tradicional das feiras e mercados de Galicia, hai un personaxe que tivo unha importancia excepcional na transmisión, non só oral, senón tamén escrita, de lendas, de relatos e sobre todo de sanguentos sucesos ocorridos en Galicia ou en outros lugares de España. Este personaxe era o cego cantando e contando historias, case sempre reais, acompañadas ao son dalgún instrumentos musical. O cego, imposibilitado de facer outros traballos, usaba as palabras e a música como o seu medio de vida. As historias que o cego ía cantando ao son dun violín ou outro instrumento, eran case sempre truculentas, macabras, tráxicas, pasionais, de amores e desamores, etc.

Nas fotos figuran dúas das coplas oídas na feira de Xinzo:  Verdadera declaración del crimen de Paredes e Un padre estrangula a su hija de 8 años y se la mandó a su mujer en una maleta.

Verdadera declaración del crimen de Paredes

Como a fotocopia do orixinal non se ve correctamente poño o texto completo que figura no libro: Xente de Pueblo de Sindo Pérez Morales

En Xinzo lembro que se situaban na rúa de San Roque á altura da praza, a xente de seguido facía corro en torno deles, esperando oír e poder mercar as coplas. Normalmente o cego viña acompañado da súa muller ou un lazarillo, que ao final eran os que vendían as coplas que ía cantando. Normalmente mostraban un estandarte pintado cos principais pasaxes da copla que cantaban. Este cartelón, denominado en galego “maltrana[1], sostíñao o criado que ía sinalando, cunha vara, a escena correspondente  segundo seu amo ía relatando o romance. Cada viñeta adoitaba a levar o debuxo do feito relatado e debaixo o texto correspondente. Os cantos dos cegos e as coplas foron desaparecendo das feiras a comezos da década dos anos 60.

Segundo Delfín Caseiro (O cego da Gándara: unha vida prodixiosa. Lethes nº 7), nas terras da Limia había moitos músicos cegos que chegaron a atinxir grande popularidade: José Dacal Peaguda, o cego da Gándara, tamén coñecido como o cego do Toxal (A Gándara-Porqueira, 1876-1939). Ángel López Villar, o cego de Sas-Sarreaus (1867-1925). José Lorenzo, o cego da Alberguería. José Quintas Ribao, o cego da Pereira  (A Pereira-Rairiz de Veiga, 1919-2004). Sergio Ramos Fernández, o cego de Buxán (Buxán-Bande,?-1940). Tocaban por todas das localidades da contorna (Sur da provincia de Ourense e Norte de Portugal).

[1] Maltrana: Grande cartel de cores vivas que costumava portar um moinante relatando crimes ou historias.(Dicionario electrónico de Estraviz).

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s