Manuel Paradela Lage e a Coral Polifónica Santa Mariña de Xinzo.

Manuel Paradela, a dereita, tocando o acordeón en Nocelo da Pena.

Manuel Paradela Lage, mestre e músico (La Habana, 1926-Xinzo de Limia, 2002).

Fillo de emigrantes de Sarreaus, nace na Habana en 1926. Cursa estudos de música no seminario dos PP. Xesuítas, rematando a carreira de piano, harmonía e composición, estudando á vez varios instrumentos de vento. Aos vinte anos, está a dirixir unha banda de música famosa naqueles tempos: «Unión Musical de Trasmiras». Tamén crea unha orquestra, con músicos da banda de Trasmiras, que actúa en numerosas festas da comarca da Limia e en outras poboacións da contorna. Máis tarde noméano director da «Banda Municipal de Verin», que dirixe durante cinco anos. «Funda a Banda Xuvenil da Xironda», con nenos de 8 a 12 anos, permanecendo nela ao longo de seis anos. Na súa vida profesional dirixe varios coros, escribe e harmoniza música polifónica. Realiza tamén instrumentación para bandas de música e orquestras. Foi alumno de mestres famosos como Jaunsarás, Ancoechea, Otario, Manuel de Benito e outros de gran prestixio.

No aspecto profesional fixo a carreira de Mestre Nacional, impartindo ensinanza nas escolas de Albarellos, Loureses, Lamas, Lucenza, Villar de Polvorosa (Zamora) e Nocelo da Pena. En todos estes lugares deixou unha fonda pegada pola su inquietude cultural e musical. Fixo a oposición a director de Escola Nacional, sendo destinado como director á Escola Nacional de Verín (hoxe Princesa de España) onde se xubilou e posteriormente traslada o seu domicilio a Xinzo o ano 1993. Falece na nosa vila o ano 2002.

Os primeiros compoñentes da coral, en compañía do párroco José Gallego e o director Manuel Paradela.

Coral Polifónica Santa Mariña.

A partir dun grupo de mulleres que cantaban nos actos relixiosos da igrexa, o párroco don José Gallego, decatado dos coñecementos e experiencia musical, contacta co mestre Paradela coa intención de que dirixa o coro parroquial. Inda que nun principio só era para cantar na igrexa, Manuel Paradela convence ao párroco para facer unha coral que poda actuar nos actos relixiosos e noutros escenarios públicos. En maio de 1997, fundan a «Asociación Cultural e Recreativa Santa Mariña» e, dentro do seu propio seo, un grupo de homes e mulleres, xunto coa colaboración da parroquia de Xinzo, constitúen a «Coral Polifónica Santa Mariña», actuando, a partir de entón, en numerosos actos relixiosos da vila e converténdose en coral a catro voces mixtas, baixo a dirección do seu primeiro director, Manuel Paradela Lage, composta por 44 persoas.

Durante o primeiro ano o traballo principal consistiu na preparación do repertorio, ensaios e a educación musical dos seus membros. A súa presentación oficial tivo lugar o día 4 de xaneiro de 1998, na Igrexa Parroquial de Xinzo, cun concerto a catro voces de 22 cancións e dúas horas de duración. No mesmo ano, o día 24 de outubro, ofrecen un concerto co obxecto de recadar fondos para a reparación da igrexa vella de Xinzo.

Durante o ano 1999 a coral dá varios concertos na propia vila e en pobos da comarca, participando no «Festival de Corais» da Deputación Provincial de Ourense. Nese mesmo ano cantan no Centro Galego das Ramblas de Barcelona, o Día das Letras Galegas, co gallo do 75 aniversario do centro. O día seguinte, no concerto organizado pola Irmandade A Nosa Galiza, actúan na igrexa de Sant Viçens de Mollet del Vallés, no que tamén participa a coral local A nosa Galiza.

A coral intervén en varias das edicións do «Festival de Corais» da Deputación Provincial de Ourense, así como na mostra da «Canción Coral de Valdoviño». No ano 2000 participa na importante «XIII Edición Mostra Canción Coral» do concello de Valdoviño (A Coruña) organizado pola S.C.R A Frouxeira. Participa tamén a Coral Santa Mariña o ano 2001 no «VI Concerto das Letras Galegas» en Bueu e no «Festival de Música Galega» no auditorio do Santuario dos Milagres, o día das letras Galegas.

Durante o ano 2002, continua participando en varios eventos provinciais, no 35 e 36 «Festival de Villancicos» no Centro Cultural de Caixanova en Vigo e, nos internacionais de «Música Coral de Auria Canta» de Ourense. Participa, o ano 2003, no «X Aniversario do Ciclo de Corais» da Coral Polifónica de Belesar en Baiona (Pontevedra).

No ano 2004 prodúcese a escisión, na Coral Santa Mariña, dun numeroso grupo de membros que constitúen unha nova formación coa denominación de Coral Antioquía, baixo a dirección de Paula  Barge.

O día 23 de setembro de 2006, a Coral Santa Mariña, participa no «XIII Encontro de Habaneras» de Outes (A Coruña) organizado pola Asociación Cultural Francisco Añón. En 2009 participan no Día das Letras Galegas no salón de actos do claustro barroco de Celanova. Tamén actúan en febreiro dese mesmo ano nun concerto en Ponte de Limia (Portugal). O ano 2010 a Coral Santa Mariña participa, no teatro Bergidum, na celebración da «IX Muestra Coral Ciudad de Ponferrada».

Desde o ano 2001 participan e organizan o «Festival de Panxoliñas do Nadal» da vila de Xinzo de Limia, contando algunha vez coa actuación da fadista María do Ceo e, desde o ano 2007, celebran na vila os «Certames de Música Coral de Verán», xunto coa participación, entre outras corais de distintos lugares da xeografía galega e da Coral de Montalegre (Portugal), localidade na que a Coral Santa Mariña, en reciprocidade, actúa os anos 2011 e 2012.

A coral edita un CD musical con 15 temas coa colaboración do estudo de gravación da RTVG. Colabora tamén na gravación doutro CD musical para a Asociación de Enfermos de Alzheirmer en novembro de 2011.

En xullo de 2016 estrean o himno de Xinzo de Limia de Maria do Ceo, coa actuación da cantante, coa colaboración da Agrupación Musical da Limia. Aparte do mestre Manuel Paradela, que deixa a dirección por motivos de saúde no ano 2.000. Foron outros directores: José Manuel Dopazo, Paula Barge Carrete, Lucía Rodríguez Carrera (durante dez anos) e Efrén Martínez Barja. Ao longo destes anos foron presidentes da asociación, Elisa Rico, Eduardo Ruíz e Eva Rivero.

Posteriormente a coral entra a formar parte, en 2017, da ESMULI (Escola de Música da Limia), na que se lle está a dar unha nova dimensión técnica, vocal e artística e, coincidindo co 20 aniversario da coral, José Luis Tielas Santiago, director da Esmuli e da Agrupación Musical da Limia, faise cargo da dirección musical da Coral Santa Mariña.                       

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s