O Enrique “Picamoca” ou Enrique dos “Choios”.

Enrique “Picamoca” ou Enrique dos “choios”, retratado diante do escaparate da droguería Tejada

Foron moitos e de variada condición, os pobres de solemnidade, tolos, personaxes raros, discapacitados, os esmolantes que pasaban por Xinzo nas feiras do 14 e o 27 e nas festas e romarías. Tamén os xoves de cada semana que era por tradición o día de pedir, días nos que os esmolantes tiñan por costume acudir a vila e pedir polas casas e negocios.

Un dos máis coñecidos da Limia foi o Enrique “Picamoca” ou Enrique dos choios, un home inocente e sinxelo que, segundo lembro non pedía, viña polas feiras e as festas porque había moita xente e había máis cabichas. Apañábaas polo chan, andaba a presa, dun lado para outro, sempre mirando ao chan.

Enrique “Picamoca” apañando unha cabicha en Xinzo

Vixiaba cando alguén estaba fumando e lle faltaba pouco para acabar o cigarro, esperaba atento para que non se lle escapara, cando o apañaba se estaba acendido acababa de fumalo e se estaba apagado gardábao no peto.

Os rapaces andabamos detrás del, no verán diciámoslle:

Vai axudar a familia que están na seitura!

E contestaba:

Non! Que pica a moca!  Pica a moca e o tabao!

E continuaba camiñando mirando ao chan a procura de cabichas.

Tamén lle preguntabamos como ía a recollida:

Enrique…hai choio ou non hai choio?

Hai choio, hai! Respondía rindo.

Tíñalle moito medo ao símbolo da Cruz, os rapaces facíana cos dedos, entón camiñaba máis rápido mirando de esguello e seguía a procura da súa subministración de cabichas.

Un personaxe de entrañable recordo para os limiaos.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s