O escudo e a bandeira municipal do concello de Xinzo de Limia.

 

Escudo proposto polo CSIC de Galicia

Deseñouse o actual escudo do concello, aprobado polo Real Decreto 771/1979 do goberno central, na etapa do alcalde de D. José Pérez Rodríguez.

O escudo está organizado do seguinte modo:

Partido e medio cortado. Primeiro: de prata, a banda de sabre e, posta en orla, a modo de broche sobre a banda, unha cadea de ouro de oito elos.

Segundo: de ouro, o galo[1] de goles. Terceiro: de sinople, dúas espigas de ouro pasadas en aspa. O timbre leva coroa real pechada[2].

Ante a diversidade dos distintos escudos, faltos de rigor e sen respectar as características do aprobado oficialmente no seu día, con data 10 de novembro de 2011, remitín carta ao alcalde Antonio Pérez, comunicándolle  estas anomalías e facilitándolle os datos e cores que legalmente debían ter o escudo municipal, para que corrixiran e encargaran ao organismo ou persoa cualificada o deseño definitivo do escudo, de acordo coas especificacións aprobadas no seu día.

Despois de moito insistir no tema, o concelleiro Carlos Gómez Salgado, un dos mais interesados en solucionalo, coa axuda e asesoramento de Fernando Dopico Blanco, fixo as xestións oportunas co presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas de   Galicia (CSIC), Eduardo Pardo Guevara, e con outros membros da Comisión Heráldica da Xunta, que de acordo co aprobado no seu día no BOE, deseñaron o escudo e a bandeira municipal. As propostas foran analizadas por primeira vez, durante o pasado 2017 nunha comisión informativa no concello de Xinzo, pero non houbo unanimidade por parte das formacións con representación na vila: PP, PSOE, XA e BNG, para sorpresa de moitos. Xa que nin eu nin moitos dos que se opuxeron temos coñecementos de heráldica para rebater con argumentos o que propuxeron os técnicos na materia.

O concelleiro de Cultura de Xinzo, Carlos Gómez e mais eu -que fun tenente de alcalde na lexislatura que finalizou en 1979, ano no que se aprobou por Real Decreto o deseño actual do escudo municipal actual- mantivemos, o día 26 de xullo en Santiago de Compostela, unha reunión co presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas de   Galicia (CSIC), Eduardo Pardo Guevara, e con membros da Comisión Heráldica da Xunta, co obxectivo de evaluar a proposta e revisión do escudo municipal, así como o deseño da bandeira local.

No transcurso da reunión abordáronse distintas posibilidades que encaixarían coa proposta emitida pola Corporación municipal e acordouse, finalmente, que os membros da Comisión Heráldica se desprazaran ata Xinzo durante o vindeiro mes de setembro coa finalidade de explicarlle aos distintos grupos políticos municipais, nunha Comisión Informativa de Cultura, os criterios que rexen o deseño da bandeira e outros aspectos técnicos e estéticos, para poder emitir un informe favorable que teña o respaldo unánime das forzas políticas e acadar que os veciños e veciñas do municipio se sintan identificados coas eleccións.

Espero e desexo que impere a cordura e sexan aprobadas as solucións presentadas para ter un escudo e unha bandeira que representan dignamente aos veciños do concello de Xinzo de Limia.

Proposta de bandeira municipal que ten que levar símbolos e cores do escudo oficial.

[1] Nunha conversación de hai anos, informoume o meu amigo D. José Pérez que, segundo escribe Benito Vicetto no tomo I da súa Historia de Galicia, páxinas 260-261 (edición facsímile de 1865), con respecto ao galo do escudo de Xinzo, “que se adora en toda la comarca de la Limia por ciertas razones”. É unha mágoa que o historiador non explicara cales eran esas certas razóns.

[2] As armas do primeiro cuartel do escudo corresponden aos Zúñiga, unha liñaxe que dominou o territorio de Xinzo de Limia e Monterrei. O galo e as espigas representan a riqueza agrícola e pecuaria do concello de Xinzo de Lim

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s