As touradas nas festas de Xinzo.

 

Paseillo do ano 1925

Xinzo de Limia sempre foi unha vila na que ao longo do século XX se celebraron moitas touradas. Creo que esto foi debido sobretodo a orixe castelá da burguesía local.
“As festas do Santísimo Corpus Christi de 1925 foron excepcionalmente multitudinarias e o motivo principal era a inauguración da Praza de Touros, levantada no Campo da Seara, construída de madeira ao estilo doutras de España. Segundo A. Nieto, tiña cabida para catro mil persoas. Os promotores da praza foron, seguidos doutros señores da vila, don Ignacio Esperanza, persoa simpática e querida, tenente do corpo de carabineiros establecido en Xinzo, e o afable viaxante de almacéns “Junquera” de Ourense, don Gonzalo Rodríguez, que foi o organizador e quen levou o peso das corridas e a quen lle tocara un importante premio na Lotería Nacional, que investiu nesta aventura.

Cartaz da tourada celebrada en Xullo de 1925.

Escribe Antonio Nieto Oliva no xornal “El Pueblo Antelanp”:“O domingo 19 de xullo de 1925 foi algo magno que perdura na mente de todos nós. A procesión despois da misa solemnísima, chamada de “capote”, resultou brillantísima. Dáballe gran realce a esta o engalanamento de mozas novas que, vestidas de anxos e virtudes e doutras imaxes, abrían a marcha da procesión. Seguíanlle varios estandartes, portados por mozos de ambos os sexos e os cordóns colgantes eran recollidos por nenos e nenas engalanados. Tras eles, o Santísimo baixo palio levado por cabaleiros, custodiado por membros do Corpo da Garda Civil de toda gala, que entón consistía nun frac negro ribereteado de galóns dourados, así como tricornio, calzón branco e unhas polainas negras. E tras isto, todas as autoridades e, ao final, a banda de música A Lira de Ribadavia. Seguíanos un numeroso xentío e os balcóns engalanados, dos cales os veciños botaban flores ao paso do Santísimo.

Reverso do cartaz da tourada celebrada en Xullo de 1925.

A iso das 12, comezaron a chegar da capital e vilas adxacentes, así como de Portugal, gran numero de ómnibus e autos cheos de xente. Ás tres da tarde, a afluencia de vehículos na entón estrada xeral e demais travesías era grandiosa.

Entrada de tendido do ano 1925

Os touros: a corrida deu comezo á hora anunciada, ás 5 da tarde, no medio dunha gran concorrencia. A praza estaba chea, o palco presidencial ocupábano as autoridades locais, con outras da capital, entre eles o señor Hermida que presidiu a novillada, asesorado polo señor Gobart. Pide a chave o tenente de carabineiros, don Ignacio Esperanza, que monta briosa egua e loce sombreiro cordobés. Os toureiros Max Espinosa e Castrelito. Os touros lidados foron catro, polos valentes toureiros Max Espinosa e Castrelito, procedentes da famosa gandería do Marqués de Lleú de Salamanca, o primeiro touro saltou dúas veces a barreira e deulles un bo susto aos espectadores. Pola noite, ademais da gran verbena, o Casino Antelano organizou un baile na honra dos forasteiros, que resultou animadísimo”.
Do libro ” A Prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925).

Un lance da tourada de 1925

Que eu lembre, nos anos 60, 70 e 80, celebraronse varias touradas nas festas de Santa Mariña en Xinzo. Unhas veces no campo da Seara e maiormente no Pombal.

Tourada no Pombal anos 60.

Só fun unha vez, nos anos 60, e saín na foto con gorra, gafas e pañoleta vermella ao pescozo.

1967- Mingos, Paco Domínguez, Saro de la Torre e Juan Manuel Tejada

Anos 60 no Pombal

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s