Foto Dacal: 100 anos retratando os limiaos.

Xosé Dacal

A saga desta familia de fotógrafos comeza alá polo ano 1915, cando regresa de Cuba o bisavó Ricardo Dacal. Alá naquela terra traballara como fotógrafo á minuta (fotografía ambulante, que se ten xa ao momento), cunha cámara que despois trouxo para acá. Instalouse na aldea da Torre (Porqueira) e dedicouse a percorrer as feiras e festas da comarca para facer retratos. Seu fillo, Senén Dacal, aprendeu e herdou o oficio do pai: a pé, na cabalaría ou na bicicleta, percorreu as aldeas da Limia facendo retratos en feiras, festas e romarías.

Senén Dacal

Cando en marzo de 1944 sae o decreto franquista que crea obrigatoriamente o documento nacional de identidade, ao Senén foi como se lle tocase a lotaría. Practicamente sen competencia na Limia, fártase de sacar fotos para o DNI. Na década dos 50 instálase en Xinzo, na praza de San Roque nº 13,  cunha casa de xantares, e continúa co seu oficio de fotógrafo á minuta.

Posteriormente, cara a mediados dos anos 50, compra un predio e fai alí unha casa, na praza de San Roque nº 9, onde instala un estudio de fotografía xa coa colaboración de seu fillo, José Dacal. Pouco antes, os Dacal estiveran en tratos para coller o traspaso do estudio de foto Godás, tratos que non chegaron a un acordo. Seu fillo, xa máis modernizado (desprázase cunha moto Lube), percorre as feiras, festas e romarías da Limia, mentres Senén traballa no laboratorio. Desde o ano 1974 colabora co Pepe o fillo deste, José Luís, quen fai un curso en Vigo, e a partir de entón utilizan unha nova técnica para colorearen as fotos e tamén fan os retoques á man nas fotos en branco e negro do estudio.

Mágoa que non se conserven os negativos dos miles de fotografías que a familia leva feito desde hai 100 anos. O dito arquivo sería hoxe unha xoia para coñecermos distintas xeracións de limiaos e a nosa historia. Parece ser que veu un temporal de auga, xa hai anos, inundouse o estudio familiar e derramáronse tanto fotografías como negativos.

Nos anos 80, os Dacal son dos primeiros fotógrafos da provincia en utilizar o vídeo para inmortalizar as vodas que se celebran en Xinzo e na bisbarra. Na actualidade, o estudio de foto Dacal, o único da vila, está rexentado polos irmáns José Luís e Gonzalo Dacal, que son xa a cuarta xeración de fotógrafos da familia.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

w

Connecting to %s