Benxamín Rodríguez Novoa. “El camarada del puerto”.

 

Benxamín Rodríguez Novoa en Cartaxena

Natural de San Lourenzo de Porqueira e casado coa miña curmá Fina Cerredelo. Unha excelente persoa e apaixonado militante das esquerdas. Na súa época de traballador do porto de Barcelona, foi un destacado membro do PCE(i) na difícil e perigosa época da ditadura franquista.
Nun traballo de final de carreira, presentado na Universidade Autónoma de Barcelona por Roser Manté Cot, baixo a titoría de Josep Lluís Martín no ano 2004 titulado: FORMACIÓN Y EVOLUCIÓN DEL PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA (INTERNACIONAL) PCE (I) 1968-1973. Traballo que se pode baixar de Internet, no que podemos ler o seguinte parágrafo que copiamos sobre a militancia do Benxamín naqueles anos: “A raíz de las detenciones de mayo de 1969 aparecerá un informe policial donde se detalla quien formaba parte del Comité del PCE(i) (Partido Comunista de España (Internacional) en la SEAT, fábrica importante por sus movilizaciones obreras continuadas”. Entre varios dos camaradas citados pola policía figura: “Benjamín Rodríguez Novoa, (Camarada del Puerto, responsable de protección militar y que obtenía armas para el partido)”.

Carlos Casares, do que era amigo, dedicoulle, no ano 2002, pouco antes do seu pasamento, unha das crónicas que de “A marxe” publicou sobre o Entroido de Xinzo e que titulara: “Disfrazado de KGB”, nela fala do Benxamín, publicada en La Voz de Galicia o día 15 de febreiro do mesmo ano, que creo foi a derradeira crónica sobra a súa querida vila: “De todos os disfraces que vin o outro día en Xinzo de Limia, o máis extravagante levábao o meu amigo Benxamín da Forxa […] Ademais da multicopista, o Benxamín levaba na maleta varios panfletos revolucionarios, daquelas agrupacións que estaban á esquerda do Partido Comunista e que supoño que xa non existen. De feito, a circunstancia de que este home os convertese en obxecto de Entroido, así parece indicalo. Pensar que algún día alguén puido perder a liberdade por estas cousas, semella un disparate, sobre todo contempladas desde a alegría rebuldeira dun martes de carnaval. Un deles, o Casto Cabezas, tío do home do maletín, que pasou bastantes anos en prisión e que forma parte dos tipos lexendarios da miña infancia. Mañá falarei del”.

Ao día seguinte publicou outra coa historia do seu tío : “O Casto Cabezas”, un famoso fuxido de Porqueira da época da guerra civil e a posguerra.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s