Foto Brindes-Foto Mati: fotógrafos por accidente.

Matilde Gándara

 Alá polo ano 1970, regresan da emigración en Suíza Matilde Gándara e seu home, Brindes Blanco Rodríguez. De alí a pouco, e case sen experiencia, instalan no comedor da súa casa, alugada na hoxe rúa do Toural, un estudio fotográfico co nome de Foto Brindes, para se dedicaren profesionalmente á fotografía. Aproveitan a escuridade do cuarto máis pequeno para o utilizaren como laboratorio.  Ao principio comezan por facer reportaxes de voda cunha cámara moi sinxela, unha Werlisa de afeccionado, pero como os resultados non son bos, Brindes, desanimado, acaba marchando de novo para Suíza.

Posteriormente alugan un local na hoxe rúa de Madrid nº 4, para instalar nela un pequeno estudio. Matilde, que xa tiña algunha experiencia por ter axudado no estudio e no laboratorio, precisa ter azos. Co pouco que sabía e cunha gran forza de vontade, ten que facer pola vida, conseguindo pouco a pouco ir para diante grazas ao seu interese e tesón por aprender e dominar o oficio.

Nun principio só tiraba fotos de estudio, pero despois animouse a saír e tirar fotos pola rúa fóra. O seu verdadeiro bautismo foi nunha data en que se facían as comuñóns en grupo: presentouse na igrexa para sacar fotos a quen llo pedise e foi ben recibida e felicitada por amigos e veciños, pois naqueles tempos non era frecuente ver mulleres fotógrafas. Matilde andaba coa súa cámara polas festas e polas romarías da Limia, e atendía encargos de vodas, bautizos e banquetes que daquela se celebraban maiormente nas propias casas. Houbo unha vez, coa axuda doutros profesionais contratados, que chegou a retratar sete vodas nun mesmo día. Un ano, en Nocelo da Pena, nos meses de xullo e agosto, chegou a facer as reportaxes de catorce vodas.

Nos anos 80 trasladan o estudio para unha casa levantada con moito traballo persoal, situada na rúa Dous de Maio nº 58, que aínda estaba sen rematar. Logo da separación do matrimonio, continúa en solitario co nome de foto Mati, inda que sempre sería recoñecida popularmente como foto Brindes. Nos anos oitenta chegou a filmar cerimonias en súper 8, pasando posteriormente a filmalas no novo formato de vídeo VHS. Neste lugar estaría ata a súa xubilación, no ano 2003, data en que finaliza a súa actividade profesional e retírase.

(Do meu libro: Xinzo de Limia na memoria).

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s