As Feiras Comarcais do Campo no Xinzo dos anos 60.

 

Jaime Rico, Maxito e Carlos Maragón de visita na 1ª Feira Comarcal do Campo

Nos anos 1964, 1965 e 1966, celebráronse na nosa vila sendas feiras comarcais agrarias e gandeiras. En pleno proceso de desaugamento dá lagoa de Antela e como resultado da mesma e da próxima entrega de novas parcelas agrarias, así como as previstas concentracións parcelarias, fan que se vexa como unha autentica necesidade a preparación dos labregos, a modernización e mecanización dos apeiros e novas técnicas de cultivos para darlle un pulo á economía da comarca da Limia.

O principal promotor, e dinamizador do noso agro, foi un recén chegado xefe da Agencia de Extensión Agraria da comarca, Nazario Martínez Fuertes. Os anos que votou no cargo ata o seu traslado, coido que deixaron unha forte pegada na agricultura dá Limia. El foi, ao meu parecer, o promotor e principal organizador das chamadas feiras do campo nas súa tres edicións.

A <<Iª Feria Comarcal del Campo>> celebrouse no campo do Toural coincidindo coas festas patronais, os días 18, 19 e 20 de xullo do ano 1964. No saluda do alcalde, Luis Romero, no programa de actos, manifesta: La primera Feria del Campo, que un equipo de hombres de la Limia pretendemos montar en esta villa, tiende sustancialmente a una finalidad especifica: la familia rural; el cuantum más considerable de la humildad límica. Nuestro medio rural, mayoritariamente descapitalizado, necesita acomodarse, desprendiéndose de su primitivismo, al mundo racional y técnico-económico de la explotación agraria moderna […]. O acto máis importante, ademais da exposición de maquinaria, gado e produtos do campo, foi una competición de habilidade de traballo con tractores dunha potencia máxima de 55 H.P., na que había cinco premios que ían desde as 1.500 ptas. e trofeo do primeiro premio ata as 400 e trofeo do 5º. Premios entregados polo gobernador civil da provincia José Mª López Ramón. Os tractores participantes recibiron unha subvención de 125 ptas. por tractor e ademais a maiores, os de fora, 100 pesetas de dietas. 

Na <<IIª Feria Comarcal del Campo>> celebrada os días 17, 18, 19 e 20 de xullo de 1965, celebrouse como a anterior no campo do Toural, coincidindo coas festas patronais.  A Comisión Xestora estaba presidida polo alcalde Luis Romero, o vicepresidente Antonio Sánchez, Delegado Comarcal de Sindicatos e como vocais os alcaldes dos concellos e os presidentes das Irmandades Sindicais de Agricultores e Gandeiros do partido xudicial de Xinzo, o secretario era Carlos Gómez García. O asesor técnico era Nazario Martínez Fuertes, xefe dá Agencia de Extensión Agraria dá comarca.  O programa de actos comprendía, concursos e desfiles de gado vacún e porcino, desfile e competición de tractoristas, demostracións de maquinaria presente na feira, demostración de funcionamento de novos equipos de rego, conferencias, proxeccións diarias de documentais agrícolas e diversas actuacións e bailes dentro do recinto da feira.

A <<IIIª Feria Comarcal del Campo>> celebrouse os días 13, 14 e 15 de maio do ano 1966. A comisión executiva estaba formada polos mesmos integrantes do ano anterior. O programa foi igual que as edicións anteriores e ademais, coincidindo co día 15 San Isidro, houbo misa e procesión solemne en honor do santo,  presidida polo gobernador civil e a actuación dos Coros e Danzas dá Sección Feminina e Educación e Descanso de Ourense.

Estas feiras agrarias, unhas das primeiras que se celebraron en Galicia, tiveron un grande éxito, tanto de participación de expositores como de agricultores e gandeiros, non só da comarca, se non de toda Galicia. Tamén contribuíron a adquisición de novos coñecementos agrarios e á modernización e mecanización do agro da Limia. De seguir existindo hoxe serían tan famosas como a de Silleda. Non sei cales foron as causas reais que motivaron a súa desaparición e de que non tiveran continuidade, pero coido que, un dos motivos principais, foi o traslado e marcha da vila de Nazario o xefe dá axencia de extensión agraria da comarca.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s