Parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia.

 

 

Parroquia de 7.365 habitantes. Do seu patrimonio destacan a igrexa parroquial de Santa Mariña, chamada igrexa vella,  templo antigo é románico na portada e no arranque da torre, de finais do século XII; o resto sufriu diversas refornas posteriores, a última fíxose nos anos noventa do século pasado. Con tal motivo realizáronse escavacións, tanto no interior como no exterior, no que se atoparon numerosos restos arqueolóxicos e vestixios de fai uns dous mil anos, posiblemente pertencentes a Civitas Limicorum, antecedente romano da actual vila.

Da primitiva igrexa do século XII non queda máis que a portada e un lenzo de parede. Ata o século XVI era pequena e mal construída, no século XVII, XVIII e XIX fanse as reformas que lle deron os aspecto que ten na actualidade. A igrexa ocupa unha superficie de 210 m2. A portada esta formada por tres arcos totalmente lisos con capiteis de ornamentación vexetal e de persoas en posición orante. Tamén hai unha venera xa que a igrexa está na Vía da Prata do camiño de Santiago. O dintel exterior está rematado cunhas puntas de diamante. No ano 1608 comeza a facerse na igrexa a torre das campás. Está construída con tres corpos diferenciados. No segundo corpo está o escudo do conde de Monterrei, dono da xurisdición.

A igrexa esta formada por unha soa nave, cun anexo onde se atopa a sancristía ampliada en 1860, e con dúas capelas sepulcrais ao lado do Evanxeo: unha pertencente a Dª Catalina Colmenero, viúva de Antonio Penín, feita en 1628 e dedicada a Virxe dos Dolores. Nela atópanse enterrados os condes de Gimonde. Presidindo a portada podemos observar o posible escudo de armas do conde.

A outra capela, construída no ano 1628 ao lado do altar maior, pertencente ao licenciado D. Antonio Vallejo de Luaces, abade que foi da parroquia e que seria enterrado nela en 1636. No que figura o seu escudo heráldico.

O Presbiterio, posiblemente reformado e ampliado en 1749, ten bóveda de pedra, con influencias dos templarios e afrancesadas. Nace de catro nervios en cada esquina en forma de abanico e cruzase no centro formando triángulos. En cada doela ten un signo cristián: Adán, a Virxe, Xesús…

No interior destaca un retablo policromado da Sagrada Familia, os santos Pedro mártir e San Antonio de Padua, e outro de pedra de Santiago Apóstolo (s XVII).

A chamada nova igrexa parroquial comezouse a construír no ano 1908, despois de moitos anos de abandono foi retomada a súa construción nos anos sesenta, e rematada no ano 1965 cun deseño distinto ao proxectado no seu día. Na fachada ten tres vidreiras coas imaxes de Santa Mariña patroa da parroquia, outra coa imaxe do patrón San Sebastián e no centro unha redonda cunha cruz. Ten a nova igrexa unha nave central e dúas laterais. Na nave central hai, nos laterais superiores, seis fiestras de cada lado na que se colocaron no ano 2004 vidreiras ornamentais coas imaxes dos doce Apóstolos. No Presbiterio atopase un altar de pedra, un ambón e un atril tamén de pedra. No fondo elevado e centrado detrás do altar atopase un gran Sagrario con dous corpos. A ambos lados do Presbiterio están dúas imaxes actuais, da patroa Santa Mariña e do Sagrado Corazón. Encima do Sagrario unha fermosa imaxe de Cristo crucificado. Toda a ourivería é do século XIX, destacando unha cruz procesional de prata, do prateiro ourensán Menéndez. Presidindo as naves laterais hai dous altares dedicados a Virxe do Carme e a Virxe de Lurdes. Tamén pode observarse a imaxe da Virxe dos Dolores e a imaxe articulada do Nazareno, ambas de gran devoción na parroquia, e que se utilizan para as procesións de Semana Santa.

(Do meu libro: Historia de Xinzo de Limia).

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s