Carlos Casares en Xinzo. Actividade cultural. Fotos e textos.

 

 

1959 Carlos e Manolo Dobaño no programa Orto y Grafo en Radio Ginzo-La Voz de La Limia

1960 Cabalgata de Reis, Carlos de Rei Baltasar

1960 La Voz de la Limia en directo no estudo

1960 “Examen final”, xoguete cómico escrito por Carlos

1961 Foto dos alumnos co director Angel Cocho

1960 Actos en honor de Santo Romás de Aquino

1964 Con Paco Domínguez e o cura Totosaus

1965 en Barcelona con Paco Domínguez nun homenaxe a Cataluña

1965 Poéma de Carlos no especial das festas LA Región 1ª parte

1965 2ª parte do poema

1967 Colaboración de Carlos no programa das festas

1979 Especial La Región festas de Xinzo, artigo de Carlos

1980 Carlos pronuncia o pregón do Entroido

2001 Cea da Civitas Limicorum logo da conferencia de Sánches Dragó e homenaxe a Carlos

2001 conferencia e homenaxe a Carlos

2001 Carlos firma no libro de honra da Civitas Limicorum

2001 firma de Sanchez Dragó

2001 Texto da dedicatoria de Carlos

2001 Placa dedicada a Carlos e colocada na Casa da Cultura

2001 Artigo de A Marxe na Voz de Galicia sobre a placa de mármore

2012 mesa redonda e homenaxe a Carlos Casares no décimo aniversario do seu pasamento

2016 Dia das Letras Galegas. Acto reivindicativo en Xinzo solicitando para Carlos Casares o Día das Letras Galegas do ano 2017. CONSEGUIDO!!!

Carlos nace o 24 de agosto de 1941 na cidade de Ourense, os seus país trasládanse a Limia cando conta soamente tres anos de idade. Na Limia, entre Piñeira de Arcos, Lamas, Sabucedo e Xinzo transcorre a súa infancia ata que en 1952, con 11 anos, ingresa no Seminario de Ourense. Regresa a Xinzo e entre o ano 1957 e 1961 Casares deixa o mundo eclesiástico e realiza o bacharelato no Colexio Santa Mariña de Xinzo. Hai poucos datos da súa actividade estudantil  deses anos en Xinzo. No obstante teño coñecemento de moitas das súas actividades, culturais, deportivas, festivas e entroideiras que desenrolou durante estes anos na nosa vila.

En 1959 participa, co seu amigo Manolo Dobaño, nun programa de La Voz de La Limia chamado “Cara al Público” celebrado no cine Antelano e radiado en directo. Contábanos Manuel Dobaño, amigo da infancia de Carlos, que colaborando coa emisora: “Realizábamos el programa “Diálogos gramaticales entre Orto y Grafo”, sección radiofónica que se enmarcaba dentro del programa “Aula dice”, o algo por el estilo, que “La Voz de La Limia” transmitía, creo, los miércoles. En los guiones que preparábamos al efecto, Casares hacía el personaje de Orto y siempre me enmendaba la plana a mis premeditadas y escatológicas expresiones de Grafo, pero no exentas de una cierta ironía y humor”.

En xaneiro do ano 1960 Carlos participa, con compañeiros do colexio, na cabalgata de Reis representando o Rei Baltasar. No mes de marzo dese ano celebrouse a festividade de Santo Tomás de Aquino no colexio, cunha xuntanza artística e cultural no cinema Los Molinos onde foi representada en función infantil a obra “Examen final”, xoguete cómico escrito por Carlos no que os personaxes son interpretados por nenos.

Nos anos 60 ten unha profunda e íntima relación cultural, persoal e de amizade con Francisco Domínguez Romero, tamén de orixe limiao, quen publicaría posteriormente varios libros de poesía en galego e castelán, que de seguro tivo moita influencia na súa formación de escritor. Carlos en 1983 escribía, con motivo da publicación dun novo libro de poemas de Paco “Herrumbre de los sueños” unha crónica en La Voz de Galicia titulada “Un poeta en Murcia”: […] Somos amigos desde os turbulentos anos da adolescencia, cando pensábamos que ser escritor consistía en ler versos de Rimbaud e prosas de Zola (<<gústanme os cementerios cando o ceo está azul e vou a eles coa alma desnuda como a unha cidade santa na que todo é amor e perdón>>) no cementerio de Xinzo polas noites. Poucas veces coñecín a un ser humano máis cabal, máis esencialmente poeta que el […]”. No ano 1965 os dous participaron nunha homenaxe a Cataluña realizado en Barcelona.

En 1967 no especial de La Región, sobre as festas patronais de Xinzo, publica unha colaboración co título de “Primeira lembranza”. Xa en 1967 colabora co programa de festas de Xinzo co artigo “Notas sobre la Limia”. En 1979, no especial de La Región dedicado ás festas patronais de Xinzo, Carlos publica unha fermosa crónica da súa nenez titulada “Lembranzas”. En 1980 pronuncia na praza Maior o pregón do Entroido, chamado polo seu querido amigo e profesor Antonio Rodríguez (Rodriguete), que daquelas era concelleiro representando ao Partido Comunista.

No ano 1993 presenta en Xinzo o libro de poemas “Versos heridos”, do seu amigo de mocidade o poeta limiao Manuel López Martínez.

Non foi ata o ano 2001 que en Xinzo lle fixemos a primeira homenaxe, creo que a única en vida, aproveitando unha conferencia de Sánchez Dragó na que se descubriu, por parte da asociación Civitas Limicorum, unha placa de mármore na Casa da Cultura que deu lugar a unha simpática e irónica crónica en Á marxe titulada “Convertido en placa”.

No mes de febreiro de 2002, posiblemente despois da súa última visita a Xinzo e ao Entroido, publicou as que tamén puideron ser as últimas crónicas de A Marxe dedicadas a súa querida vila, a do día 14 a titulada “O Entroido de Xinzo” e o día 15 “Disfrazado de KGB”.

Logo do seu pasamento en marzo dese ano, o concello e o pobo de Xinzo declárano fillo adoptivo da vila e pór o seu nome na praza situada na rúa Curros Enríquez diante da Casa da Cultura. Despois de numerosas peticións de asociacións culturais e persoeiros de Xinzo, co apoio do concello, director e o claustro do colexio, a Xunta modifica e publica con data 11 de febreiro de 2011 no DOGA, a aprobación da solicitude para o cambio de nome do CEIP Sergio Mascareñas  que a partir de entón será coñecido co nome de Carlos Casares.

No ano 2012, na Casa da Cultura en Xinzo fixemos unha mesa redonda, coa participación de varios amigos e coñecidos, cun homenaxe e un acto reivindicativo para conseguir que un Día das Letras Galegas fora dedicado a Carlos. Xa no ano 2016, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, levouse a cabo en Xinzo, co apoio da Deputación de Ourense e o concello de Xinzo, un acto para reivindicar que o Día das Letras Galegas do ano 2017 fora dedicado ao escritor limiao. Obxectivo que felizmente foi conseguido e que celebramos este ano.

 

Fotos do ano 2001 da Civitas Limicorum publicadas no facebook por Carlos Gómez.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s