O Gran Café Ideal de Xinzo de Limia.

 

O Café Ideal, a pista, a discoteca Ideal 6, a cafetería Ideal 6 e o Pub.

Os irmáns Emiliano e Xilberto Martínez Ruído, nos anos 30, habían regresado da emigración en México e construíron un moderno edificio na estrada xeral, para o que houbo que derruír un edificio de planta baixa onde estaba situado o Casino Antelano, que logo da terminación da obra se instalou no primeiro andar. A primeira noticia da existencia do café Ideal é do Entroido de 1935, polas noites fixéronse grandes bailes nos salóns do novo e  moderno café.  Sabemos tamén que no Entroido do ano 1943, o gobernador civil da provincia multa aos irmáns propietarios do café, por celebrar bailes mentres se proxectaban películas. Nos anos da posguerra celébranse nas súas instalacións numerosas veladas de teatro, festivais artísticos e benéficos. Un dos máis importantes foi o celebrado en 1947 a beneficio dos damnificados de Cádiz[i]. Eran frecuentes os bailes, nos anos 50 e 60, polo Entroido, festas, a Sainza e fin de ano. Era un amplo café con mesas de mármore que se enchía todos os días de limiaos a xogar a partida. Na parte posterior tiña unha pista de baile descuberta que nos veráns funcionaba todos os días con música de discos, e con orquestra a sesión vermú os sábados e domingos.

A finais dos anos 60 os primeiros grupos de música moderna actuaban nos bailes que se celebraban os domingos pola tarde no salón do café, entre eles a orquestra Bemposta, Los Dráculas de Ourense e Nueva Democracia de Madrid. Nos primeiros anos 70 ve o nacemento no 1º andar da discoteca Ideal 6 de Milín e Nito, unha das primeiras da provincia e que sería un rotundo éxito e a primeira opción de marcha nocturna para os mozos limiaos ata a aparición, meses despois, do Anduriña. Cóntame o Nito que nela actuaron entre outros Os Suaves cando estaban comezando, Los Arquinos e outros conxuntos ourensáns. Nela pinchaba discos o polifacético Rafael Martínez Santana “Cacá”, que tiña unha cabina cunha porta de entrada adaptada a súa pequena estatura.

Pouco tempo despois, sobre 1975, transforman o antigo café Ideal nunha moderna cafetería, tamén co nome de Ideal 6, que marcaría un antes e despois pola comodidade e calidade da súa decoración. Lémbrome de xogar moitas partidas na bolera automática que instalaron nela. Xa a finais dos 70 ou comezo dos 80 esta cafetería é transformada nun moderno e confortable pub ata o seu peche moitos anos despois.

 

[i] O día 18 de agosto de 1947 ocorría a  explosión  dunha polvoreira da  Armada. A magnitude da explosión foi tal que o fogonazo  púidose ver  desde o acuartelamento militar español situado no Monte Hacho (Ceuta).

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s