Francisco Domínguez Romero poeta e mestre limiao.

francisco-dominguez-romero

Francisco Domínguez Romero, poeta e mestre de orixe limiao (dá familia dos Bicaquentes de Xinzo). (Ferrol, 1939-Santiago de la Ribera 2005). Casado coa limiá Sira Méndez Cuquejo.

Con este artigo quero dar a coñecer e pór en valor a obra de Paco, como era coñecido en Xinzo, un case descoñecido limiao para moitos dos mozos de Xinzo e da Limia na actualidade.

Nado en Ferrol, de moi novo foi para Cartaxena, onde transcorreu parte da súa adolescencia. Cursou estudos de náutica en Cádiz e na Coruña; e tamén de maxisterio en Murcia. De volta en Galicia, residiu en Xinzo de Limia, e máis tarde en Corcubión, dedicado ao ensino. En Cartaxena publicou os seus primeiros poemarios bilingües ao abeiro do círculo intelectual da libraría Athenas. No Ourense dos anos sesenta, mantivo unha estreita relación, e, sobor de todo, unha fonda amizade cos escritores Carlos Casares e Antón Tovar. E xunto a eles participou, como poeta, nalgúns actos culturais e recitais de poesía. No ano 1965 tomou parte, en Barcelona, xunto a Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luis Méndez Ferrín, nun ciclo de conferencias, lecturas e recitais poéticos. Unha boa parte da súa obra -poemas, artigos e comentarios- anda espallada en xornais e revistas. Foi membro das Redes Escarlata e colaborador da revista poética en rede. Publicou poemas en Dorna.

“Nos poemas galegos da última fase, aínda que o contido —e tamén o obxecto— é análogo, o traballo poético sonda novos espacios. Dada a maior contención expresiva e o carácter máis depurado dos versos. Unha lingua máis sobria e serena, quizais máis decantada, á obsesiva procura de unha tonalidade e unha cor persoal. Algúns dos máis directos e sentidos poemas. Reformulacións de moitos dos motivos desenvoltos na poesía da fase anterior: a dor común, o rigor ético, o desalento pola insidiosa e subtil manipulación da consciencia e da vida social… E, nun cadro máis amplo, recorrentes imaxes para os temas da terra, para as mínimas cousas que non teñen voz. Subliñar finalmente a realidade máis viva que percorre os meus versos… Temas recorrentes, reiterados, que concitan o meu mundo afectivo… O sentido da vida, a pasaxe do tempo, o amoroso latexo da paisaxe da Limia, o meu inesquecibel paraíso da infancia… O infinito desexo de sosego e silencio…”

Francisco Domínguez [Marzo, 2002]

O seu legado:

Poesía:

  • Señales del Camino, Cartagena, 1971. (Poemario bilingüe)
  • Herrumbre de los Sueños, Murcia, 1983. (Poemario bilingüe)
  • 24 Poemas B.V.G, A Coruña, 2002.
  • Poemas. Antología, Ourense, 2010 (Escolma bilingüe)
  • Poemas de inverno. Follas Novas Edicións, Compostela, 2011

Obras colectivas: La Sierpe y el Laúd, Murcia, 1989.

  • Xuro que nunca volverei pasar fame.Poesía escarlata. Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense, 2003
  • Sempre mar. Cultura contra a burla negra. Asociación Burla Negra, 2003

Para coñecer máis sobre o poeta limiao:

http://armandorequeixo.blogaliza.org/2011/03/19/un-poeta-recuperado/

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/12/20/0003_8920662.htm

http://www.teleprensa.com/murcia-noticia-262226-la-familia-del-recordado-francisco-domnguez-publica-una-antologa-de-su-obra-potica.html

http://www.poesiasypoemas.net/francisco-dominguez-romero/

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=FraDom%EDn&alias=Francisco+Dom%EDnguez+Romero

Datos biográficos e da bibliografía baixados de Internet e do libro de Poemas de inverno (2011).

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s