Segando a herba nos COBOS (As Riscas. Xinzo)

Fotos da familia Joga Barge de Baronzás (Xinzo de Limia).

Por San Xoán había que comezar a afiar a gadaña para segar a herba que xa servía para cortar, antes da sega do trigo e do centeo. Os segadores van ao prado coa gadaña ben afiada, portan unha lata ou un corno no cinto con auga para mollar a pedra de afiar e… a segar! Pasar a gadaña é unha arte que se aprendía de pais a fillos, nun movemento de abanico pásase de esquerda a dereita pola base da herba, movementos que se repiten unha e outra vez mentres os segadores seguen avanzando. A herba unha vez cortada vaise amontoando na parte esquerda mentres á dereita e de fronte do segador a herba segue en pé. De cando en vez pairan para pasar a pedra de afiar polas dúas caras da gadaña e volta a empezar. Despois de segado o prado estendíase a herba e deixábase secar ao sol varios días, era conveniente revolvela de cando en vez para que secase ben. Unha vez seca viñan co carro de vacas provisto dos estadullos nas beiras a recoller a herba. Necesitábanse dúas persoas para cargalo, unha abaixo vaina botando ao carro coa forquita e outro no alto vaina distribuindo e asentado con coidado. Logo do carrexo depositábase a herba na palleira para alimentar o gado durante o largo e duro inverno limiao. Os prados de Os Cobos, na zona dás Riscas, era a mellor terra para este fin dá parróquia de Xinzo, parece ser que só as casas de labranza máis fortes da parroquia dispoñían de prados na zona para alimentar o seu gado.

Pasa o rato polas fotos para ver os textos.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s