Os matrimonios por poder: A voda de Quique e Manola en Xinzo.

Durante a década dos anos 50 e 60 sempre me chamaron a atención as vodas por poderes, nas que algún dos contraentes non se encontraban presentes fisicamente na igrexa sendo representados por un mozo ou moza apoderados, pola parte ausente, mediante poder notarial, en Xinzo inda se celebraron unhas cantas. O motivo desta clase de casamentos era fundamentalmente a emigración a América. O mozo marchaba a emigración e moitas veces para reclamar a parella que quedaba en España soamente era posible se eran matrimonio, hai que ter en conta ademais que os pais non deixaban marchar as fillas solteiras, polo que os noivos que tiñan que recorrer ao matrimonio por poderes, para solventar os requisitos legais do país receptor e a presión social do entorno na súa terra. Daquela os viaxes a América eran en barco e duraban case un mes.

A lei permite o matrimonio por poderes cando un dos dous contraentes non pode estar presente no lugar, data e hora da voda. O matrimonio por poder consiste en que unha persoa substitúa a un dos contraentes na emisión do consentimento matrimonial. Esta persoa actúa como apoderado ou representante, por medio dun poder especial que lle outorgou legalmente o contraente ausente. Neste poder matrimonial debe constar o nome e identidade do poderdante, do apoderado e do outro contraente. Na actualidade esta clase de matrimonio volve a estar de moda debido principalmente á chegada de emigrantes ao noso país, e celébranse polos mesmos motivos de poder reclamar aos seus conxugues.

 

1961-pepeamparo-dolores-portabales-lola-pepe-rivero-e-o-cura-don-cesareo Foto 1: Pepe,Amparo, Dolores, Portabales (o noivo apoderado por Quique Suárez), Manola a noiva, Pepe Rivero e o párroco de Xinzo don Cesáreo.

As fotos que acompañan este artigo, son da voda de Manola e Quique Suárez, celebrada por poderes no ano 1961, na que o noivo foi representado polo seu amigo Portabales e oficiada polo párroco de Xinzo don Cesáreo Sobrado. Nesta voda ademais celebrouse con invitados e o banquete nupcial. Quique logo do seu regreso a España asentouse en Barcelona. Todos os anos viña aos Entroidos de Xinzo e vestía a súa Pantalla, da que era un dos mellores exemplos, tanto en vestimenta  como na elegancia e actitude coa que deben moverse as Pantallas.

1961-aureliaantonio-lopez-teresa-augusto-e-pepe-lopez-detras-coronita-e-mucha

Foto 2: Aurelia Martínez, Antonio López, Teresa, Augusto e Pepe López. Detrás Coronita Fariñas e Mucha Bernardez.

1961-manola-e-quique-en-santiago-de-chile

Na 3ª foto vemos a: Manola e Quique Suarez na foto oficial nun retrato feito xa en Santiago de Chile logo da chegada de Manola.

 

 

 

 

A

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s